Os protóstomos ou protostomados son unha agrupación (clado) de superfilos do reino animal. O seu nome está formado polos elementos do latín científico proto- e -stomia (ou -stomata) tirados do grego antigo πρῶτος prōtos, 'primeiro' e στόμα stóma, 'boca', respectivamente.

Xunto cos deuteróstomos, forman as dúas grandes ramas en que se dividen os bilaterais (Bilateria). A separación destas dúas liñas evolutivas fundamentais é ancestral; durante a explosión cámbrica (hai uns 540 millóns de anos) aparecen xa filos protóstomos e deuteróstomos diferenciados.

A diferenza fundamental entre ambos radica na orixe embrionaria da boca. Nos protóstomos, a boca do adulto deriva do blastóporo embrionario (de aí provén o nome do grupo), mentres que nos deuteróstomos é de neoformación.

Os xenes que se empregan na construción embrionaria da boca dos acelomorfos son os mesmos que os que se expresan pola boca do protóstomo. Tamén, en todos os protóstomos, o celoma resulta dunha escisión do mesoderma, e o sistema nervioso é unha estrutura dupla e ventral.

Características O blastóporo embrionario orixina a boca do adulto, e xeralmente tamén o ano. O blastóporo alóngase, logo os labios se aproximan e sóldase a zona central da abertura deixando un orificio en cada extremo, que corresponden á boca e o ano. Polo tanto, o arquéntero (cavidade dixestiva embrionaria) deixa de ser un saco cego e se transforma nun tubo con entrada e saída. Segmentación espiral: a segmentación do ovo é moi característica. Os planos de segmentación son oblicuos en relación ao eixe do ovo; os blastómeros fillos colócanse entre os blastómeros pais e quedan dispostos en capas horizontais, cos blastómeros en posición alternada, polo que se dispoñen en espiral. miniatura|esquerda|300px| Comparación entre os Protóstomos e deuteróstomos Segmentación determinada: cada blastómero, separado experimentalmente, soamente orixina unha parte determinada do animal, a mesma que habería dado no caso de non haberse separado. Sistema nervioso hiponeuro: é un sistema nervioso formado por ganglios cerebrais e cordóns nerviosos ventrais. Os ganglios que forman o cerebro sitúanse arredor do esófago, con conectivos periesofáxicos que os unen ás cadeas nerviosas que percorren ventralmente o corpo do animal, en posición inferior respecto ao tubo dixestivo. Formación do celoma por esquizocelia: o mesoderma (e o consiguiente celoma), fórmase por proliferación dos blastómeros situados no punto de confluencia do ectoderma e o endoderma, en moitos casos do blastómero 4d. O celoma forma un par de sacos arredor do tubo dixestivo que con frecuencia se metameriza. Larva trocófora: moitos filos protóstomos presentan unha larva de tipo trocoforiano (ou asimilable a ela) no seu desenvolvemento.

Non todos os filos presentan todas estas característica á vez; por exemplo, os acelomados e pseudocelomados, carecen de celoma e estes últimos non teñen larvas trocóforas.

Sistemática e filoxenia Actuais datos moleculares suxiren que os animais protóstomos pódense dividir en tres grupos principais: Ecdysozoa, por exemplo, artrópodos, nematodos. Platyzoa, por exemplo, platihelmintos, rotíferos. Lophotrochozoa, por exemplo, moluscos, anélidos. así como un menor número de taxóns de afinidade basal ou ambiguos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía D'Ancona, H. (1970): Tratado de Zoología. 2 vols. Barcelona: Editorial Labor. Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Grassé, P.-P., dir. (1950-1979): Traité de zoologie, anatomie, systématique, biologie. París: Masson. Grassé, P.-P., dir. (1976): Zoología. 4 vols. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0199-7. — Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Tomo 1. Invertebrados. ISBN 84-311-0200-4. — Devillers, Ch. e P. Clairambault (1977); Tomo 2. Vertebrados. Anatomía comparada. ISBN 484-311-0211-X. — Grassé, P.-P. (1978): Tomo 3. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. Agnatos, peces, anfibios y reptiles. ISBN 84-311-0233-0. — Grassé, P.-P. (1980): Tomo 4. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. ISBN 84-311-0270-5. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Meglitsch, P. A (1986): Zoología de invertebrados, 2ª edición. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7, p. 288. Nielsen, K. (2001): Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla 2nd edition. Oxford (UK): Oxford University Press. ISBN 978-0-1996-0602-3. Schmidt-Nielsen, K. (1997): Animal Physiology: Adaptation and Environment. 5th edition. Oxford (UK): Cambridge University Press. ISBN 0-5215-7098-0.

Outros artigos Animais Bilaterais Deuteróstomos

Ligazóns externas Clade Protostomia Grobben 1908 en Fossilworks. Protostomia na EOL. Protostomia no ITIS. Protostomia Grobben, 1908 en BioLib.