Arkoi (grego: Αρκοι) é un grupo de varias pequenas illas situadas no leste do mar Exeo, Grecia preto da costa exea turca, que forma parte do arquipélago do Dodecaneso. A illa atópase dentro do municipio de Patmos, e ten unha poboación de 54 habitantes no censo de 2001.

Debido á pouca poboación non existe unha verdadeira capital, como tal, aínda que a maioría dos habitantes viven cerca do porto principal o resto vive disperso ao redor da illa ou en terreos máis altos. A maioría da poboación atopa emprego na pesca, a cría de cabras, ou traballando nunha das catro tabernas das illas.

Xeografía

A illa caracterízase pola terra seca e rochosa, con pouca vexetación, á parte das Oliveiras e algúns arbustos resistentes. A fauna da illa componse principalmente de gando, como cabra s, ou burros, tamén pódense ver Garzas de cando en vez. A vida mariña nas baías da illa non sufriu tanto como noutras illas gregas.

Monumentos Históricos

Sobre o outeiro que domina o porto principal atópanse as ruínas dunha acrópole. Aínda que pouco queda da estrutura, as ruínas fan un bo miradoiro no que ver a posta de sol sobre o mar Exeo. Nun extremo da illa, cara á illa de Lipsi está a mellor praia da illa, Tiganakia. Esta praia é pequena con algo de roca, pero ofrece augas cristalinas para nadar e avista da baía os illotes próximos é idílica. Esta praia e invadida en pleno verán (xullo e agosto) por excursionistas da próxima illa de Lipsi que visitan a praia con frecuencia. O outro extremo da illa, na dirección da illa de Samos, se coñece como o 'cárcere italiano'. Os poboadores din que foi utilizado durante a segunda guerra mundial como unha prisión polo exército Italiano que ocupou a illa. Tamén neste extremo da illa hai unha cova, que contén unha serie de formacións de estalactitas e estalagmitas. A cova é moi difícil de atopar porque ó seu redor está cuberto de oliveiras e arbustos.

Preto das Illas

A illa habitada máis próxima é a de Marathi, aínda que a poboacións máis próximas de tamaño considerable atópanse nas illas de Lipsi e Patmos.

Transporte

Hai servizo de transbordador que unen a illa con Samos, Patmos, e Lipsi, así como de cando en vez pequenos transbordadores a outras illas próximas, como Marathi.

Outras illas próximas

NomeNome gregoÁrea km²Localización Arkoi Αρκοί 6,69 Agreloussa Αγρελούσσα 1,326 Strongyli Στρογγύλη 0,207 Marathi Μαράθι 0,355 Spalathronisi Σπαλαθρονήσι Smineronisi (Morene) Σμηνερονήσι 0,021 Avaptistos (Avaptisto) Αβάπτιστος (Αβάπτιστο) 0,042 Tsouka Τσούκα 0,028 Tsoukaki Τσουκάκι 0,008 Makronisi Μακρονήσι 0,261 Kalovolos Καλόβολος 0,307 Psathonisi Ψαθονήσι 0,052 Komaros Κόμαρος 0,1 Véxase tamén

Categoría:Illas de Grecia