Levántate Rosalía é un disco de Xulio Formoso enteiramente baseado nun dos libros máis populares de Venezuela, Humor y Amor de Aquiles Nazoa, o "Rousinol de Catuche".
Características É o primeiro disco de Formoso onde as composicións foron escritas en ritmos tradicionais de distintas rexións de Venezuela: malagueña e galerón margariteños, merengue caraqueño e aires cañoneros, corrío llanero e ata un ballenato no mais clásico estilo do Valledupar colombiano.
Xulio Formoso e Luis Suárez, de Los Guaraguao, comezaron a traballar na idea a comezos de 1976 co mesmo Aquiles Nazoa. Despois da morte do poeta, en abril dese ano, as gravacións son adiadas a xullo e rematan en agosto co consello de Aníbal Nazoa, irmán máis novo de Aquiles, lanzándose o álbum en setembro. Nel participaron Franklin Mejías, do Grupo Ahora e Antonio Alcalá, da Rondalla Venezolana. As tapas dianteiras e traseiras foron feitas por Pedro León Zapata para este álbum. É o único disco enteiramente dedicado á obra de Aquiles Nazoa.
miniatura|Xulio Formoso en concerto
Cancións "Kennel Club" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Se embromó Colón" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Elegía al tranvía" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Nuestras musas trasnochadas" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Corrío del Comecandela" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "El último pandehornero" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Serenata a Rosalía" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Lluvias" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Consideraciones acerca de la educación de los cochinos" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso) "Amor cuando yo muera" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
Músicos Xulio Formoso: Guitarra, Voz Luís Suárez: Guitarra, cuatro, frauta, melódica, voz Franklin Mejías: Mandolina, Cuatro Antonio Alcalá: Baixo, Percusión
Créditos Deseño e debuxos: Pedro León Zapata] Gravación: Francisco González e Hugo Manzini Mix: Hugo Manzini Data e lugar da gravación: Estudios Fidelis. Xullo-agosto de 1976 Produción: Ana Avalos
Categoría:Álbums musicais de 1976 Categoría:Álbums de Xulio Formoso