O Club de Rugby La Vila é un equipo de rugby da localidade de La Vila Joiosa, na provincia de Alacant, que compite na máxima categoría do rugby español, a División de Honra. As cores do club son o azul e o branco.

Fundado en 1983 por ex xogadores do Rugby Club ValenciaHistoria do CR La Vila , na páxina oficial do club. , en 2008 culminou un ascenso meteórico dende a terceira categoría nacional á División de Honra, que tivo a súa continuidade co título de campións de liga na tempada 2010-11La Vila no espera y canta el primer alirón de su historia, artigo en Marca . A realidade económica do club non estaba ó mesmo nivel que os éxitos deportivos, e en 2013 o equipo perdeu a máxima categoría, que tardou catro anos en recuperar.

En 2009 o club foi a base da franquía La Vila Mariners que participou na primeira e única edición da Liga Superibérica, o primeiro intento serio por crear unha liga profesional de rugby en España. En 2018 La Vila converteuse nun dos socios fundadores da nova Liga Nacional de Rugby que pretende dirixir e administrar profesionalmente a máxima competición do rugby nacional a partir do ano 2019.“FER y Liga Nacional de Rugby firmarán un Convenio para repartirse las competencias”, artigo en Revista 22.

O club posúe unha das mellores instalacións de rugby do país, o Estadio de Rugby de Villajoyosa, coñecido popularmente como Campo del Pantano pola súa proximidade ó Encoro de Amadorio. Nel tivo lugar a final da Copa do Rei 2011Cetransa El Salvador vuelve a gritar "campeón" y le arrebata la Copa del Rey al VRAC Quesos Entrepinares, artigo en Marca. e un encontro da selección española en 2017 fronte a BrasilEspaña barre a Brasil con autoridad en un partido al que sobraron cinco minutos, artigo en Marca. , entre outros eventos.

Historia O Club de Rugby La Vila fúndase en 1983 grazas á unión duns afeccionados ao rugby da localidade. Dende a tempada 2006-07, sufriu un crecemento espectacular conseguindo ascender dúas categorías ata acadar a máxima categoría do rugby español, a División de Honor tras un paso meteórico polas dúas categorías inmediatamente inferiores: División de Honra B e Primeira Nacional.

Tamén é destacable que varios xogadores formados neste club foron internacionais por España ao longo da súa historia.

Na tempada 2009-10, CR La Vila acadou o subcampionato nacional de liga, o cal foi tan só o comezo, xa que na tempada 2010-11, o equipo se proclamou por vez primeira campión, ó rematar 1º na clasificación final da liga.

O club acadou o título de liga na tempada 2010-11, converténdose no 16º club que saía campión na historia da máxima categoría do rugby nacional.

Na seguinte tempada o club participou por vez primeira en competicións europeas, xogando 6 encontros dentro da European Challenge Cup, caendo en todos eles. Na liga acadou o 4º posto, caendo ás primeiras na fase final de eliminatorias polo título.

Tempada actual

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club Outros artigos

La Vila