José Antonio Irulegui Garmendia, nado en Lasarte-Oria (Guipúscoa) o 1 de abril de 1937, é un exfutbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de defensa.
Traxectoria
Iniciouse no fútbol na SD Eibar (1955-56) e tras nove anos na Real Sociedad (1956-65) fichou polo Pontevedra CF (1965-71), co que xogou cinco anos en primeira división e outro en segunda. Retirouse tras unha campaña no Real Murcia (1971-72).
Mediada a tempada 1973–74 fíxose cargo do Deportivo da Coruña en Segunda División, en substitución de Enrique Orizaola. Ao final da campaña o equipo descendeu á Terceira División, por primeira vez na súa historia. Na tempada 1974–75 continuou no Deportivo, conseguindo o ascenso á Segunda División ao gañar a liga de Terceira.
Proseguiu como adestrador na Real Sociedad (1975-1978), RCD Español (1978-1980), Real Murcia (1980-82), Real Burgos (1985-1987), Xerez CD (1987-1990), Levante UD (1990-91), Deportivo Alavés (1993-94) Real Mallorca (1994-96) e Villarreal CF (1996-1999), equipo que levou por vez primeira á primeira división española.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es Datos do adestrador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Lasarte-Oria Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores da Real Sociedad Categoría:Adestradores do RCD Espanyol Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do Real Burgos Categoría:Adestradores do Xerez CD Categoría:Adestradores do Levante UD Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores do RCD Mallorca Categoría:Adestradores do Villarreal CF