Guillén el del son entero foi o primeiro rexistro de Xulio Formoso gravado para Polydor nunha relación comercial e artística que non sempre foi cordial. Foi un álbum conceptual (como a maioría dos de Xulio Formoso) dedicado á obra do bardo cubano Nicolás Guillén. Por primeira vez apareceu aquí o grupo Sensemayá na súa formación orixinal que acompañaría a Formoso en moitos concertos e gravacións posteriores.
As composicións e interpretación mantiveron os ritmos afro-cubanos do traballo escrito no que foron baseadas. Foi un dos álbums máis vendidos de Xulio Formoso e un dos mais vendidos ese ano 1975 en Venezuela e outros países. Varias das súas pezas foron versionadas máis tarde por artistas como Los Sabandeños, o grupo Ahora e Ibrahim Ferrer.
Cando este álbum foi bautizado, Guillén escribiu no reverso da copia de Xulio Formoso un frase sobre o traballo: "A miña poesía vén da música, e aquí retorna a ela."
miniatura|Xulio Formoso en concerto.
Cancións "Guitarra [El son entero]" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "A Chile [al partir]" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "Las dos cartas" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "Abril sus flores abría" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "Muchacha recién crecida" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "Coplas americanas" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "Sensemayá" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "El soldado Miguel Paz" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "Arte poética" (Nicolás Guillén; Xulio Formoso) "Plan del machete" (Carlos Puebla; Xulio Formoso)
Músicos Sensemayá Xulio Formoso: Guitarra, voz Luís Suárez: Guitarra, baixo, cuatro, frauta, coros Franklin Mejías: Mandolina, Cuatro, Coros Cruzito: Percusión, Coros Pepe Bello: Piano
Créditos Deseño gráfico: Carlos León Fotos: Carlos L.Otazo Data e lugar da gravación: Estudios Del Este 1975 Caracas Produción: Pepe Bello
Categoría:Álbums de Xulio Formoso Categoría:Álbums musicais de 1975