miniatura|Eugene O'Neill Eugene O'Neill, nado o 16 de outubro de 1888 e finado o 27 de novembro de 1953, foi un dramaturgo norteamericano que gañou o Premio Nobel de Literatura en 1936 e catro veces o Premio Pulitzer (1920, 1922, 1928, 1956).

Biografía Eugene O'Neill naceu en Broadway nunha familia orixinaria de Irlanda, con seu pai que era actor de teatro percorreu América, con sete anos comezou o internado onde se afixo a ler. No curso 1906-1907 estudou na Universidade de Princeton, pero acabou deixándoo, realizando despois nunha gran variedade de traballos, mariñeiro, actor, xornalista. En 1911 volveu a Nova York , en 1912 pasou seis meses nunha clínica recuperándose da tuberculose e comezou a escribir teatro, para o ano seguinte comezou a dar cursos de artes escénicas na Universidade Harvard. En 1914 publicou o seu primeiro libro, Thirst and other one-act plays. En 1916 publicou Bound East of Cardiff e, posteriormente The Emperor Jones, The Hairy Ape e Beyond the Horizon. A década de 1930 é o período cumio da súa creatividade, considerado o mellor autor teatral norteamericano, foi o primeiro dramaturgo americano en recibir o Premio Nobel, por estar enfermo non o recolleu, senón que enviou unha carta á Academia Sueca, onde salientou a influecia que representou para el o dramaturgo sueco August Strindberg. Nos anos seguintes escribiu moitas obras mestras como para el. O'Neill escribiu nos anos seguintes moitas máis obras mestras, The Iceman Cometh (1939), Long Day's Journey Into Night (1941) ou A Moon for the Misbegotten (1943).

A partir de 1943 deixou de escribir por padecer graves tremores nas mans por mor do párkinson.

Obras Bread and Butter, 1914 Servitude, 1914 The Personal Equation, 1915 Now I Ask You, 1916 Beyond the Horizon, 1918 - Pulitzer, 1920 The Straw, 1919 Chris Christophersen, 1919 Gold, 1920 Anna Christie, 1920 - Pulitzer, 1922 The Emperor Jones, 1920 Diff'rent, 1921 The First Man, 1922 The Hairy Ape, 1922 The Fountain, 1923 Marco Millions, 1923-25 All God's Chillun Got Wings, 1924 Welded, 1924 Desire Under the Elms, 1925 Lazarus Laughed, 1925-26 The Great God Brown, 1926 Strange Interlude, 1928 - Pulitzer Dynamo, 1929 Mourning Becomes Electra, 1931 Ah, Wilderness!, 1933 Days Without End, 1933 The Iceman Cometh, escrita en 1939, publicada en 1940, primeira representación en 1946 Hughie, escrita en 1941, primeira representación 1959 Long Day's Journey Into Night, escrita en 1941, primeira representación 1956 - Pulitzer 1957 A Moon for the Misbegotten, escrita 1941-1943, primeira representación 1947 A Touch of the Poet, completada en 1942, primeira representación 1958 More Stately Mansions, póstuma, primeira representación 1967 The Calms of Capricorn, póstuma, publicada en 1983

Categoría:Dramaturgos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en 1888 Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Finados en 1953 Categoría:Nados en Nova York