Caudofoveados 210px Falcidens sp. Clasificación científica Reino: Animalia Subreino: Eumetazoa Sen rango: Bilateria Superfilo: Lophotrochozoa Filo: Mollusca Clase: Caudofoveata Familias Chaetodermatidae Limifossoridae Prochaetodermatidae Falcidentidae Falcidens Metachaetodermatidae Scutopidae

Os caudofoveados (caudofoveata, do latín cauda, cola e fovea, fosa), quetodermos ou quetodermomorfos (chaetodermomorpha con quetas na derme) son unha clase do filo Mollusca. Durante anos formou, xunto con Solenogastres, a clase Aplacophora, considerada hoxe como parafilética.Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3. Pero hoxe se pensa que este grupo é irmá dos cefalópodosGiribet; Okusu, A; Lindgren, A.R.; Huff, S.W.; Schrödl, M; Nishiguchi, M.K. (May 2006). "Evidence for a clade composed of molluscs with serially repeated structures: monoplacophorans are related to chitons" Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 103 (20): 7723–7728. doi:10.1073/pnas.0602578103. PMID 16675549. PMC 1472512. http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=16675549..

Estes animais son pequenos (1–30 mm) aínda que algúns poden acadar entre os 14–15 cm. Acostuman vivir en augas profundas escavando no chan unha galería na que se menten cabeza abaixo. Son animais vermiformes con ausencia de cuncha, aínda que a súa parte externa (o manto) está formado por unha cutícula quitinosa engrosada con espículas de calcita e aragoníticas chamadas escleritos que usan para o movemento.

Existen arredor de 15 xéneros, cunhas 150 especies coñecidas. Durante a reprodución sexual, a femia produce os ovos que son fertilizados e maduran e logo as larvas nadan libremente.

Clasificación Dentro dos caudofoveados coñécense as seguintes familias:

Chaetodermatida Simroth, 1893 Limifossoridae Salvini-Plawen, 1968 Limifossor Heath, 1904 Scutopidae Ivanov, 1979 Psilodens Salvini-Plawen, 1977 Scutopus Salvini-Plawen, 1968 Prochaetodermatidae Salvini-Plawen, 1968 Chevroderma Scheltema, 1985 Claviderma Scheltema & Ivanov, 2000 Lonchoderma Salvini-Plawen, 1992 Niteomica Ivanov, 1996 Prochaetoderma Thiele, 1902 Spathoderma Scheltema, 1985 Chaetodermidae Theel, 1875 Caudofoveatus Ivanov, 1981 Chaetoderma Lovén, 1845 Falcidentidae Ivanov, 1979 Falcidens Salvini-Plawen, 1968 Furcillidens Scheltema, 1998 Lepoderma Salvini-Plawen, 1992 Metachaetodermatidae Ivanov, 1979 Metachaetoderma Thiele, 1913

Bibliografía

Véxase tamén

Moluscos Aplacóforos Solenogastros

Ligazóns externas The Paleobiology Database Sistema integrado de información taxonómica- Caudofoveados WORMS Caudofoveados Animal Diversity Web - Caudofoveados } NCBI - Caudofoveados

Categoría:Caudofoveados