Joaquín Jesús Caparrós Camino, nado en Utrera (Sevilla) o 13 de outubro de 1955, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente adestra o Sevilla FC.

Traxectoria Como adestrador Tras colgar as botas aos 26 anos, Caparrós decidiuse por iniciar a súa carreira como adestrador, dirixindo a equipos como o San José Obrero CF (1981 a 1984), Campillo CF (1984 a 1986), Montilla CF (1986 a 1989), a selección de Castela-A Mancha (1989 a 1990), CF Gimnástico de Alcázar (1990 a 1992), UB Conquense (1992 a 1993), Manzanares CF (1994 a 1995) ou Moralo CP (1995 a 1996).

O gran paso adiante como adestrador logrouno en 1996, cando foi contratado polo Recreativo de Huelva, equipo no que recalou tres anos e logrou ascender a Segunda División. En 1999 foi contratado polo Villarreal CF, pero só estivo sete xornadas no cadro amarelo, xa que as súas formulacións non chegaron a convencer, e foi substituído por Paquito García Gómez. Ademais das súas actividades no día a día como adestrador de club, entre 1998 e 2000 fíxose cargo da selección andaluza.

En 2000 chegou ao Sevilla FC e foi neste club no que obtivo os seus maiores éxitos como adestrador, clasificándoo en dúas ocasións para a Copa da UEFA. Soubo dirixir ben nunha situación económica caracterizada por uns recursos financeiros escasos, baseando a súa formulación no traballo das categorías inferiores do club. Cando Caparrós chegou o Sevilla estaba en Segunda División e cando o abandonou en 2005 estaba na elite do fútbol español.

En 2005 rexeitou a renovación co Sevilla e quixo comezar un novo proxecto,"Caparrós deja el Sevilla" sendo así contratado polo Deportivo da Coruña coa intención de darlle potencialidade á canteira. Na súa primeira tempada na Coruña o equipo rematou 8º e na segunda, a 2006–07, o Dépor foi 13º. Ante este panorama Caparrós decide deixar o equipo ao rematar a tempada e cederlle o testemuño ao seu sucesor, Miguel Ángel Lotina. Durante a súa etapa deportivista lográronse os obxectivos; non descender, aínda que o bo xogo brillou pola súa ausencia. Ese mesmo verán de 2007 foi contratado polo Athletic Club."Caparrós es presentado como nuevo entrenador del Athletic"

Durante a súa primeira tempada en Bilbao, o Athletic rematou 11º na Liga tras dúas tempadas rozando o descenso e no seu segundo ano o equipo clasificouse para a final da Copa do Rei, torneo que perdeu fronte ao FC Barcelona (1–4).

En outubro de 2011 foi contratado polo RCD Mallorca, tras a dimisión de Michael Laudrup."Serra Ferrer anuncia un acuerdo con Caparrós" En febreiro de 2013 foi cesado como adestrador do RCD Mallorca, sendo substituído por Gregorio Manzano.

En xuño de 2013 foi contratado polo Levante UD, en substitución de Juan Ignacio Martínez."Caparrós entrenará al Levante el próximo curso"

O 28 de maio de 2014 foi anunciado como novo adestrador do Granada, en substitución de Lucas Alcaraz, cun contrato por dous anos.Caparrós ya es oficialmente entrenador del Granada; Marca, 28 de maio de 2014 O 16 de xaneiro de 2015, co equipo último na clasificación, é destituído.

O 13 de abril de 2025 Caparrós regresou o Sevilla para unha cuarta etapa, firmando até o final de tempada, substituíndo a Xavi García Pimienta.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Utrera Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da UB Conquense Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do Athletic Club Categoría:Adestradores do RCD Mallorca Categoría:Adestradores do Levante UD Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Adestradores do Neuchâtel Xamax Categoría:Adestradores do Sevilla FC Categoría:Adestradores do Villarreal CF Categoría:Adestradores do Recreativo de Huelva Categoría:Adestradores do CA Osasuna Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Armenia Categoría:Directores deportivos de fútbol de España