O Aviron Bayonnais (en éuscaro: Baionako Arrauna) é un equipo profesional de rugby francés con sede na localidade de Baiona (Pireneos Atlánticos, Nova Aquitania). Actualmente compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés. O equipo, fundado en 1904, xoga os seus xogos como local no Stade Jean-Dauger, recinto con capacidade para 16.934 espectadores. Entre o palmarés do Aviron Bayonnais destacan os tres títulos de liga conseguidos en 1913, 1934 e 1943. A súa mascota é unha pottoka, tipo de poni que habita a Cordilleira Cantábrica e os Pireneos. O equipo mantén unha forte rivalidade cos seus veciños do Biarritz Olympique, sendo esta unha das máis antigas de Francia.

Historia O club fundouse en 1904, xogando a súa primeira final en 1913, perdendo fronte ao S.C.U.F. por 31 a 8 no Stade Yves-du-Manoir. A liga nacional foi substituída pola Coupe de l'Espérance durante a primeira guerra mundial. A competición xogouse durante catro tempadas, nas que o Aviron Bayonnais chegou á última final, perdendo por 4 a 3.

Cando a competición francesa volveu ser xogada, o club chegou ata a final en 1922, na que se atopou co Stade Toulousain. O Aviron Bayonnais perdeu a final por 6-0. Os dous clubs encontraríanse novamente na final a seguinte tempada, na que Toulouse gañou novamente, desta vez por 3-0.

O Aviron Bayonnais acadou os seus maiores éxitos a mediados dos anos '30, gañando a Biarritz 13-8 en Tolosa para gañar o seu segundo campionato, e primeiro dende 1913. Tamén gañaron o Challenge Yves du Manoir en 1936, derrotando ao USA Perpignan na final. O club tivo uns resultados similares a mediados dos '40, chegando a dúas finais, gañando ao SU Agen en 1943 no Parc des Princes en París e perdendo en 1944 fronte ao Perpignan.

Dende os anos '40, o club non acadou máis éxitos ata os anos '80, cando chegaron novamente á final do campionato francés. En 1980 gañaron o Challenge Yves du Manoir, derrotando ao AS Béziers 16 a 10 para gañar o seu segundo título nesta competición. No campionato francés acadaron a súa última final en 1982, caendo derrotados polo SU Agen 18 a 9.

Palmarés Top 14: Campión: 1913, 1934 e 1943 Finalista: 1922, 1923, 1944 e 1982 Challenge Yves du Manoir: Campión: 1936 e 1980 Coupe de l'Espérance: Campión: 1919 Coupe André Moga: Campión: 1995

Resultados das finais French championship Data Campión Finalista Resultado EstadioEspectadores 20 de abril de 1913Aviron BayonnaisS.C.U.F.31-8Stade Yves-du-Manoir, Colombes20.00023 de abril de 1922Stade ToulousainAviron Bayonnais6-0Route du Médoc, Le Bouscat20.00013 de maio de 1923Stade ToulousainAviron Bayonnais3-0Stade Yves-du-Manoir, Colombes15.00013 de maio de 1934Aviron BayonnaisBiarritz Olympique13-8Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa18.00021 de marzo de 1943Aviron BayonnaisSU Agen3-0Parc des Princes, París28.00026 de marzo de 1944USA PerpignanAviron Bayonnais20-5Parc des Princes, París35.00029 de maio de 1982SU AgenAviron Bayonnais18-9Parc des Princes, París41.165

Challenge Yves du Manoir AnoCampiónResultadoFinalista1936Aviron Bayonnais9-3USA Perpignan1980</span>Aviron Bayonnais16-10AS Béziers

Coupe de l'Espérance Data Campión Resultado Finalista1919Stadoceste Tarbais4-3Aviron Bayonnais

Véxase tamén Bibliografía Un siècle de rugby à Bayonne, de Manuel Castiella, éd. Atlantica, 2001 Ligazóns externas Site oficial

Bayonne