María Mercedes González Rodríguez, coñecida literariamente como Claudia Castro, nada no Castiñeiriño (Santiago de Compostela) o 30 de decembro de 1972, é unha xornalista e escritora galega. Dende 2011 reside coa súa familia no lugar de Penelas (Teo). Boa parte do seu tempo transcorre en Corme, na Costa da Morte.

Traxectoria Estudou Xornalismo e Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e Socioloxía na UNED. Traballa no eido da comunicación corporativa dende 1995.

O compositor Fernando Vázquez Arias púxolle música a catro poemas seus: Amor é mar, Corme, Camiño dos faros e Azul. É colaboradora habitual da revista de poesía Andar 21 , así como doutras publicacións en lingua galega e portuguesa.

Obra Poesía Adagio para unha viaxe silente (2005). Follas Novas, Libros da Frouma. 62 páxs. ISBN 84-85385-91-8. Ser, corazón e boca (2018). A Coruña: Medulia. 48 páxs. ISBN 978-84-948102-0-6.

Infanto-xuvenil

Galicia, o país das marabillas (2019). Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 60 páxs. ISBN 978-84-9151-386-5. Poesía para cativos. Amiga lúa, amigo mar. MOON, ME & THE SEA (2022). Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 80 páxs. Ilustracións de Luz Beloso. ISBN 978-84-9151-924-9. Poesía para cativos. Seis leiras e un piano (2025). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Laura Tova. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-699-3. ePub: ISBN 978-84-1110-703-7.

Obras colectivas Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Co poema "Soños do tubérculo"

Recoñecementos 2003: Gañadora do I Premio Duck Fin de Poesía, con De cando os anxos aínda tiñan sexo. 2003: Accésit do I Certame de Microrrelatos a Lonxa Literaria de Moaña, por Retrato dunha muda. 2005: recoñecemento no V Concurso de e-poemas do diario La Vanguardia. 2017: Gañadora do segundo premio no VI Certame de Poesía Mariño, por Ela, muller en reconstrución. 2017: Gañadora do Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro con Ser, corazón e boca.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas en lingua galega