San Fins é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 23 habitantes (dez homes e trece mulleres). Toponimia O topónimo San Fins é un haxiotopónimo referido a Fiz de Xirona e débese á presenza no lugar da capela de San Fins do Castro. Neste lugar celébrase todos os 1 de agosto a romaría de San Fins do Castro e o día 2 a festa en honor a Virxe dos Remedios.

Lugares e parroquias Lugares de Cesullas

Parroquias de Cabana de Bergantiños

Categoría:Lugares de Cabana de Bergantiños