Heracles (en grego antigo Ἡρακλῆς, Hēraklḗs, do nome da deusa Hēra, e kleos: ‘gloria’ é dicir ‘gloria de Hera’, porque foi polo odio de Hera polo que realizou as súas múltiples fazañas)José María Albaiges Olivart: Diccionario de nombres de personas. Barcelona, Universidade de Barcelona, 1993.«Behind the Name», artigo en inglés. nado como Alceo (Ἀλκαῖος, Alkaios) ou Alcides "Naquela ocasión [despois de matar os seus fillos] por vez primeira Pitia deulle o nome de Heracles, ata entón se lle denominara Alcides" (Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 4, 12)., foi un heroe da mitoloxía grega, o fillo de Zeus e Alcmena, fillo adoptivo de Anfitrión Pola súa ascendencia adoptiva a través de Anfitrión, Heracles recibe o epíteto Alcides, como "da liñaxe de Alceo", pai de Anfitrión. O fillo propio e mortal de Anfitrión foi Ificles.. Era o bisneto e medio irmán (xa que os dous foron procreados polo deus Zeus) de Perseo. Ó morrer, foi divinizado por Zeus.

Foi o máis célebre dos heroes gregos O "heroe máis popular de toda a mitoloxía clásica" (Ferro Ruibal, 299)., o máximo representante da forza e a masculinidade, símbolo do home en loita contra o mal. No mito de Heracles destaca a realización dos chamados Doce Traballos, impostos como castigo polo oráculo de Delfos, aínda que protagonizou moitos máis actos heroicos. Considérase o devanceiro de clans reais que dicían ser heráclidas () A Enciclopedia Galega Universal (EGU) e o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) dan a forma heráclidas, se ben o Digalego dá heraclidas ()., e o campión da orde olímpica contra os monstros ctónicos (do Inframundo).

En Roma e no Occidente moderno é máis coñecido como Hércules, co quen algúns emperadores romanos, en particular Cómodo ou Maximiano, se identificaban a si mesmos. Os romanos adoptaron a versión do mito grego sobre a súa vida e obras basicamente sen realizar cambios, mais engadiron os seus propios detalles anecdóticos, algúns dos cales vinculaban o heroe coa xeografía do Mediterráneo occidental. Os detalles sobre o seu culto tamén foron adoptados por Roma.

Biografía

miniatura|esquerda|Nacemento da Vía Láctea (Rubens, Museo do Prado) Zeus, o pai de todos os deuses, namorouse de Alcmena, esposa de Anfitrión, rei de Tirinto. Para seducir a Alcmena Zeus transformouse no seu home, nese momento ausente do palacio por estar na guerra, e uníndose a Alcmena procreou a Heracles "Alcmena, en unión amorosa con Zeus, amoreador de nubes, deu a luz ó forte Heracles" (Hesíodo: Teogonía 943-944).. Esa mesma noite regresou Anfitrión e, deitándose coa muller, procreou a Ificles. O adiviño Tiresias advertiu a Anfitrión do acontecido pero este, tras un primeiro momento no que pensara en castigala, aceptou honrado a situación (por intervención do propio Zeus) e adoptou a Heracles como fillo propio e educouno como tal.

Tras nacer, Zeus, para tornalo inmortal, pediulle a Hermes, o mensaxeiro dos deuses, que o levase para xunto dos seos de Hera, cando esta durmía, para facerlle mamar (ou quizais fora Atenea, tamén filla de Zeus e, polo tanto, irmá de Heracles, a que convenceu a Hera para que o deixara mamar dela). O bebé zugou con tal violencia que fixo dano á deusa e esta separouse, pero o leite continuou a correr e as gotas caídas formaron no ceo a Vía Láctea. Outra versión di que a deusa acordou e separou o meniño bruscamente, derramando unhas gotas de leite que deron lugar á Vía Láctea Leeming, David Adams: Mythology: The Voyage of the Hero, Oxford University Press, 1998.Pache, Corinne Ondine: "Hercules", en Gargarin, Michael: Ancient Greece and Rome, Oxford 2010..

Heracles padeceu a ira de Hera, celosa ante as infidelidades de Zeus, que só se congraciou con el cando ascendeu ó Olimpo. Cando aínda tiña oito meses de vida Algunhas fontes danlle unha idade de 10 meses., Hera mandou dúas grandes serpes ó berce onde durmían Heracles e Ificles. As serpes rodearon ós meniños cos seus aneis e Ificles comezou a chorar, pero cando Anfitrión acudiu alarmado a ver que pasaba, atopou a Heracles esganando as serpes coas súas mans. Anfitrión comprendeu entón que, efectivamente, Heracles era fillo dun deus.

miniatura|esquerda|Antigo reino de Beocia, con indicación de Tebas, cidade onde naceu e creceu Heracles Cumpridos os dezaoito anos, Heracles realizou a súa primeira fazaña soada, cando perseguiu e matou un enorme león, coñecido como o León de Citerón O monte Citerón, hoxe coñecido como Elatiás, é un macizo montañoso na zona central de Grecia., que devoraba os rabaños de Anfitrión e do rei Tespio, da Beocia, próxima de Tebas. Ninguén ousara enfrontarse antes ó león e a caza durou 50 días ata que conseguiu darlle morte Pausanias recolle outra lenda que di que non foi Heracles senón Alcátoo quen acabou co león., e durante este tempo Heracles aloxábase no palacio de Tespio. Como fose que o rei quería que as súas fillas preñaran dun heroe recoñecido como Heracles, maquinou coa súa dona, Megamede, para que as 50 fillas se deitaran con Heracles, unha cada noite. Heracles non se decatou de que cada noite se trataba dunha moza diferente e así procreou 50 fillos, os Tespíadas. Estes, co tempo, espalláronse por diversos lugares, chegando até Sardeña.

De regreso a Tebas, Heracles atopouse cos soldados do rei Erxino, de Orcómeno, que viñan cobrar o tributo que anualmente tiñan que pagar os cidadáns de Tebas ós de Orcómeno, consistente en cen bois durante vinte anos. Heracles enfrontouse a eles e cortoulles o nariz e as orellas, e con elas colgando do pescozo mandounos de volta xunto a Erxino. Este atacou Tebas e Heracles encabezou o exército tebano, vestido cunha armadura que lle dera Atenea. Aínda que resultou vitorioso e puido dar morte a Erxino, o seu pai, Anfitrión, morreu na loita; como agradecemento, Creonte, rei de Tebas, deulle a man de Mégara, a súa filla máis vella, e a Ificles a man da filla máis nova. Segundo outra lenda, Erxino sobrevive pero acepta ter que satisfacer a Tebas un tributo de 200 bois anuais.

Heracles e Mégara tiveron varios fillos: Terímaco, Deicoonte e Creontíades Pseudo-Apolodoro, II, 7. 8. (segundo Pseudo-Apolodoro, tres; ou en número variable ata oito, segundo Píndaro). Pero Hera provocoulle un acceso de loucura a Heracles, e este asasinou os fillos que tivera con Mégara e a dous dos fillos do seu irmán Ificles Segundo outra versión do mito tamén atacou ó seu pai, Anfitrión, e non chegou a matalo porque a propia Atenea interviu deixando a Heracles baixo un profundo sono. Nesta variante, evidentemente Anfitrión no morrera na guerra contra Exino.. Para uns autores, Heracles matounos botándoos ó lume; outros, como Eurípides, din que o aseteou coas súas frechas.

Cando recuperou a lucidez e comprobou o que fixera, renunciou a vivir con Mégara (que entregou ó seu sobriño Iolao, fillo de Ificles) e decidiu suicidarse, aínda que Teseo consegue evitalo. Exíliase entón e marcha a Delfos para consultar o oráculo de Apolo sobre a forma de se redimir do seu crime. Alí, a Pitia ordenoulle que servise, durante doce anos, ó seu primo Euristeo, rei lendario de Micenas e de Tirinto, realizando os traballos expiatorios que el acordara, como condición para poder ser purificado Na relixión grega cumpría un estado de pureza, tanto física como espiritual, para poder facer sacrificios ós deuses ou intervir en calquera cerimonia relixiosa, e aplicábase tanto a persoas individualmente como a pobos, como colectividade. Os ritos de purificación (ou Catarse) eran diversos: ablucións á entrada nos templos, sacrificios tras unha morte dentro da casa, ou escravitude temporal en casos graves como asasinato..

Os Doce Traballos

Euristeo, instigado por Hera, mandoulle facer dez traballos, con toda a intención de que morrese no intento. Como un deles fíxoo coa axuda do seu sobriño e noutro recibiu (ou pediu) un pago, Euristeo non os considerou válidos e encargoulle dous máis, de modo que en total foron 12 traballos.

Os mitógrafos adoitan clasificalos en dous grupos de seis: os seis primeiros realizados en diferentes puntos do Peloponeso, e os outros seis en distintos puntos do mundo (Creta, Tracia, Hispania) e incluso no Inferno.

Durante os traballos valeuse principalmente dunha maza (a clava) e protexeuse coa pel do León de Nemea que matou no primeiro. A maza tallouna el mesmo en Nemea para matar o león, do tronco dunha oliveira silvestre; e a pel sacoulla utilizando como coitelos as uñas das poutas do propio animal, xa que ningún ferro podía abrir unha pel tan dura. Contou en todo momento coa axuda e protección dos deuses: Hermes deulle unha espada, Apolo o arco e as frechas e Hefesto unha coiraza; algunhas tradicións din que foi Atenea quen lle deu estas armas, agás a maza. Poseidón deulle os cabalos. Pola contra, Hera interveu en varias ocasións para axudar ós seus adversarios, directa ou indirectamente.

Os distintos mitógrafos describen os traballos en orde variable. A seguir expóñense seguindo a orde recollida por Grimal Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.. miniatura|esquerda|O can Cérbero (William Blake, National Gallery, Melbourne)

1º: O León de Nemea: monstruoso fillo de Ortro e Equidna que devastaba a rexión matando xente e gando, sen que ninguén conseguise matar. Heracles puido inmobilizalo e estrangulouno coas súas mans. Logo esfolouno, para cubrirse coa súa pel. Dise que esta criatura se converteu na constelación de Leo. 2º: A Hidra de Lerna: outro ser monstruoso fillo de Equidna e Tifón. Era unha enorme serpe con nove cabezas, unha delas inmortal. Estas cabezas reproducíanse ó ser cortadas, de modo que Heracles as foi cortando á vez que Iolao cauterizaba o corte con tizóns acesos Por esta axuda, Euristeo invalidou este traballo.. Unha vez morta, foi mollando as súas frechas no sangue da serpe, quedando envelenadas. 3º: O Xabaril de Erimanto: Euristeo ordenoulle capturar vivo este enorme xabaril, que devastaba os arredores do Erimanto. Obrigouno a saír do covo e perseguiuno pola neve, para fatigalo e poder capturalo e entregalo a Euristeo. 4º: A Cerva de Cerinia: un enorme animal que asolaba as colleitas, con cornos de ouro e pés de bronce. Esa cerva corría con asombrosa rapidez e nunca cansaba, e Heracles tivo que perseguila durante todo un ano sen darlle alcance. Por fin, feriuna levemente cunha frecha e así puido capturala. 5º: As Aves do lago Estínfalo: aves enormes e tan numerosas que acababan cos froitos e as colleitas. Tras axotalas cunhas castañolas que lle fixera Hefesto, puido matar a moitas coas súas frechas e correr as outras. 6º: As Cortes do rei Auxías: o rei Auxías, da Élide Rexión na costa occidental do Peloponeso., tiña innumerables reses na corte, que nunca se limpara, acumulándose o esterco. Heracles desviou o curso dos ríos Alfeo e Peneo e fixo pasar a auga polas cortes, arrastrando todo o esterco. Como pedira a Auxias un salario por facer ese traballo, Euristeo non o validou. 7º: O Touro de Creta: o touro fora enviado por Poseidón a Minos, pero este gardouno para si e sacrificou outro de menos valor. Poseidón volveuno furioso e Heracles tivo que capturalo. 8º: As Eguas de Diomedes: eran catro e alimentábanse coa carne dos estranxeiros que as tempestades arrolaban á costa do seu país. Heracles venceu a Diomedes e botouno ás bestas para que o comeran, e a partir dese momento volvéronse mansas e puido xunguilas ó carro para regresar. 9º: O Cinto da raíña das Amazonas: a raíña das guerreiras amazonas, Hipólita, posuía un cinto máxico, regalo de Ares. Aínda que ela acepta darlle o cinto, as intrigas de Hera provocan unha loita entre as Amazonas e os compañeiros de Heracles, na que Hipólita morre. 10º: Os Bois de Xerión: este xigante -de tres cabezas e tres corpos- tiña grandes rabaños de gando gardados por Euritión e o seu can Ortro, un can de dúas cabezas. Durante a viaxe ata Eritia debeu enfrontarse a Helios (o Sol) e ó deus Océano. Ó chegar, Heracles matou a Ortro, a Euritión e ó mesmo Xerión.