Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.
Traxectoria miniatura|Ángel del Castillo en 1933. Foi un erudito de tardía formación, pois non puido iniciar a formación universitaria até cumpridos os corenta anos. Gran parte da súa vida estivo adicada á docencia, exercéndoa na Escola de Comercio, academias particulares e a Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 foi elixido membro adxunto da Real Academia Galega, integrándose coma membro numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.
Militante de Acción Republicana, na República foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 22 de maio de 1932, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933.
A súa achega á defensa, clasificación e preservación do patrimonio artístico galego é de grande importancia, destacando a súa obra Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (Editorial de los Bibliófilos Gallegos 1972, reeditado en 1987 e en 2008),«La Barrié reedita el inventario de patrimonio artístico gallego de Ángel Castillo » con introdución e bibliografía de José Filgueira Valverde.
Ademais, escribiu unha novela curta A Dona das Torres, Lénda Galega, de 21 páxinas, publicada o 22 de agosto de 1925 no número 12 da revista Lar. Trátase dunha lenda ambientada no século XV, con notas históricas e documentais que aumentan o atractivo da narración, transformándoa nun relato pseudohistórico.
Desde 1946 foi o cronista oficial da cidade da Coruña e desde 1951 tamén da provincia homónima.
Recoñecementos Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés en 1934.El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 8.
Vida persoal Casou en marzo de 1921 con Obdulia García Cerdido, e foi cuñado dos futbolistas Lameiro e Manuel Martí Barreiro.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Cronistas oficiais da Coruña Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá