A PO-531 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevedra e Baión (Vilanova de Arousa); atravesa os concellos de Pontevedra, Poio, Barro, Meis e Vilanova de Arousa. Ten unha lonxitude de 18,80 quilómetros e iníciase no centro de Pontevedra e finaliza nun cruzamento coa VG-4.7 en Baión (Vilanova de Arousa). É un tramo da antiga estrada comarcal C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.
Percorrido
Parte da ponte da Barca, pasando pola Barca e O Vao (concello de Poio), Campañó e Alba (concello de Pontevedra), antes de internarse na parroquia de Curro (concello de Barro), onde se cruza coa AP-9 e conecta coa AG-41 (cara a Sanxenxo) e coa PO-300 (cara a Cambados). Chegando á final coa VG-4.7 e a estrada N-640 ao Carril (concello de Vilagarcía de Arousa).
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Pontevedra Categoría:Poio Categoría:Barro Categoría:Meis Categoría:Vilanova de Arousa