Borås é unha cidade que se atopa no país escandinavo de Suecia. Foi recoñecida como cidade en 1621.

Tivo un importante desenvolvemento na súa industria téxtil a finais do século XIX e comezos do século XX, e sede de importantes firmas comerciais de vendas por catálogo (mail order). O carácter comercial da súa historia naceu cos comerciantes ambulantes, chamados knalle ou knallarna, que percorrían a rexión no século XVI, vendendo os seus produtos.

Actualmente segue mantendo a súa calidade de situación xeográfica estratéxica ao ser un punto central entre as cidades de Gotemburgo, Jönköping e tamén da veciña Noruega; sendo sede de importantes centros comerciais e industriais, e de puntos turísticos e culturais.

É tamén unha cidade universitaria, xa que a Högskolan i Borås (Escola Superior de Borås) acolle distintas titulacións superiores, repartidas entre dous centros: a Textilhögskolan (Escola Superior de Estudos téxtiles) e a Bibliotekshögskolan (Escola de Biblioteconomía). En 2017 a universidade contaba con 11 000 estudantes e 730 traballadores aproximadamente.

Integrados neste campus destacan o Museo Téxtil e o Textile Fashion Center.

Datos xeográficos

A finais de 2017 tiña unha poboación de 111 026 habitantes, cunha idade media de 40.6 anos. Abarca unha superficie total de 29.61 km cadrados.

Distritos Subdistrito municipal de Göta Göta Kristineberg Dammsvedjan Hedvigsborg

Subdistrito municipal de Sjöbo Sjöbo Erikslund

Subdistrito municipal de Brämhult Brämhult Trandared Hulta Hässleholmen

Subdistrito municipal de Norrby Norrby Byttorp Tullen Hestra

Subdistrito municipal de Centrum (centro) Centrum Villastaden Norrmalm

Subdistrito municipal de Sandhult Sandared Sandhult Sjömarken

Vida cultural Un dos eventos culturais máis importantes é a edición anual de No Limit, un certame de arte de rúa que congrega numerosos artistas que realizan murais, instalacións e esculturas por toda a cidade, convertendo desta maneira o espazo público nunha sala de exposición aberta. A primeira edición tivo lugar en setembro de 2014. Este certame ten alcanzado moita proxección tanto a nivel nacional como internacional.No Limit: Street Art Boras, Sweden 3-10th of September 2017 [plano]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial da cidade

Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland