Xosé Anxo Lage SuárezAínda que o apelido que figura no seu DNI é Lage, como testemuñan as xuntas electorais, el adoita escribir Laxe, nado en Outeiro de Rei en 1954, é un político galego.
Traxectoria Funcionario da Seguridade social, Xosé Anxo Lage entrou na política a partir do sindicalismo. É afiliado da CIG e foi representante sindical neste organismo, ademais de presidir a xunta de persoal da Administración do Estado na provincia de Lugo.
Nas eleccións locais de 1995 presentouse polas listas do BNG no concello de Lugo, mais non foi elixido. En 1997 pasou a ser concelleiro en substitución de Xoán Carlos Carreira. Nas eleccións municipais 1999 foi elixido concelleiro e, grazas ao bipartito formado por BNG e PSdeG, converteuse en delegado municipal de Transportes. Na súa etapa nesta concellería, fixo unha das últimas remodelacións do transporte público na cidade.
Volveu á oposición co seu partido tralas eleccións de 2003 e 2007. Nestas últimas, foi o cabeza de lista do BNG, posto que disputou con Xosé Antón Bao. Dende entón, ocupou o cargo de voceiro municipal do partido. Foi membro do consello local do BNG e durante algún tempo foi o responsable de Organización do Bloque na comarca de Lugo-centro.
No 2012 pasou a formar parte do partido Compromiso por Galicia, da que é secretario local en Lugo"Xosé Anxo Lage, elixido como secretario local de Compromiso por Galicia" , artigo en El Progreso, 27 de setembro de 2013 .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de 2009 na que rexeita un pacto de goberno co PSOE Blog de Xosé Anxo Laxe
Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Nados en Outeiro de Rei Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia