A Selecção Portuguesa de Râguebi, tamén coñecida coma Os Lobos, representa a Portugal nas competicións internacionais desta modalidade deportiva. O seu primeiro partido foi disputado en 1935 ante a España. Nos últimos anos Portugal ten acadado resultados de relevo, como a vitoria no Torneo Europeo das Nacións de 2002-2004, ou a participación na fase final da Copa do Mundo de Rugby 2007. Estes bos resultados permitiron que a selección ascendese, a mediados de 2005, ao 13º lugar do ránking mundial de World Rugby. A selección portuguesa forma parte do grupo de países incluídos na segunda división do rugby a nivel mundial.

Competicións Torneo Europeo das Nacións Portugal tivo un éxito inesperado ao vencer no Torneo Europeo das Nacións de 2002-2004. Os portugueses mantiveron os bos resultados nos anos seguintes, tendo acabado en terceiro lugar na edición de 2004-2006, o que abriu o camiño para o acceso, por primeira vez, á Copa do Mundo de Rugby de 2007. Portugal participou na edición 2008-10, que permite igualmente a clasificación para o Campionato do Mundo de 2011 en Nova Zelandia.

AnoXVED+/-PtsPos2000410365-9754.º2001510477-16575.º2001-0210307170-295165.º2003-0410901245-180281.º2005-0610613233.º2007-0810307174-196205.º

Copa das Nacións Portugal participou en 2006 na primeira edición da Copa das Nacións da IRB, enfrontándose á Rusia, á Arxentina A e á Italia A. A Copa das Nacións da IRB é un evento anual de nivel medio organizado pola IRB con seleccións internacionais.

Partidos de Portugal: 13 de xuño: Portugal 20px 17 - 27 Rusia 18 de xuño: Portugal 20px 26 - 26 Italia A 24 de xuño: Portugal 20px 19 - 24 Arxentina A

Os partidos foron disputados no Estádio Universitário de Lisboa.

Copa do Mundo de Rugby Portugal clasificouse por primeira vez, e de xeito sorprendente, na a Copa do Mundo de rugby de 2007, organizada por Francia e Gales, logo de ser repescada tras vencer ás seleccións de Marrocos e o Uruguai.

Partidos de Portugal: 9 de setembro: 20px Escocia 56 - 10 20px Portugal 15 de setembro: 20px Nova Zelandia 108 - 13 20px Portugal 19 de setembro: 20px Italia 31 - 5 Portugal 20px 25 de setembro: 20px Romanía 14 - 10 Portugal 20px

Partidos Internacionais de novembro Ao igual que a meirande parte das seleccións da modalidade, a Selección Portuguesa de Rugby disputa partidos amigables de preparación fronte a seleccións do hemisferio Sur. Durante o mes de novembro de 2009.

Os partidos internacionais, designados "Super Bock Cup", tiveron lugar no Estádio Universitário de Lisboa. Os resultados foron os seguintes: 7 de novembro: 20px Portugal 9 - 12 20px Namibia 21 de novembro: 20px Portugal 13 - 24 20px Arxentina Xaguares 28 de novembro: 20px Portugal 19 - 24 20px Tonga

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federação Portuguesa de Rugby

Portugal