Oza300pxCapela de Santa María de OzaSituación300pxCatro das cinco parroquias do concello da Coruña formaban o concello de Oza: San Cristovo das Viñas, Santa María de Oza, San Pedro de Visma e San Vicenzo de Elviña.XeografíaProvincia:Provincia da Coruña Poboación: 9.434 hab. (1910)Área: 29 km²Densidade: 327,34 hab./km²Capital do concello:Monelos Santa María de Oza, chamado abreviadamente Oza, foi un concello da provincia da Coruña, desaparecido en 1912 trala súa anexión ó concello da Coruña. Ó concello de Oza pertencían as parroquias de Visma, San Cristovo das Viñas, Elviña e Oza. Limitaba polo norte co océano Atlántico e co concello da Coruña; polo oeste e o suroeste co concello de Arteixo; polo sur co concello de Culleredo; e polo leste coa ría do Burgo que o separaba do concello de Oleiros.
Historia miniatura|dereita|Casa do antigo concello de Oza. miniatura|dereita|Representación do selo do antigo concello.
No século XIX, coa creación dos concellos constitucionais, foi formado o concello de Santa María de Oza, conformado pola parroquia do mesmo nome e as de San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma e San Vicenzo de Elviña.
Xa de antes, o núcleo histórico de Oza atopábase na costa da súa parroquia, arredor da Capela de Santa María de Oza (templo parroquial ata ese mesmo século) e ó pé da praia de Oza, máis tarde coñecida como praia de Lazareto (destruída, e que non se debe confundir coa nova praia de Oza construída en 1994), na área situada entre Casabranca, A Pasaxe e a batería de Oza. Porén, co paso do tempo Monelos foise convertendo no núcleo máis poboado, dado que era atravesado pola principal estrada de saída da Coruña. Este feito provocou que unha vez creado o concello, a casa consistorial rematase sendo establecida en Monelos e non en Oza, arredor de 1860Un final traumático para Oza La Opinión A Coruña.
O concello de Oza ten unha historia un tanto convulsa, desde o punto de vista político. En 1884, tras unha inspección fiscal, o Goberno Civil suspende as actividades do concello por irregularidadesSanta Maria de Oza 1912. Alén diso, tamén se decretou a retirada de tódolos documentos do concello co obxectivo de efectuar unha investigación da que non se coñece o resultado. O que en principio ía ser só un paro temporal prolongouse no tempo, provocando que a corporación municipal non puidese recadar impostos e en consecuencia o endebedamento do concello dous anos despois acadaba unha suma de máis de 50.000 pesetas, das cales 28.283 pesetas se lle debían á Facenda en concepto de contribución territorial.
En 1887 celébranse eleccións municipais, pero a situación non se soluciona xa que o Gobernador civil decreta nulos os comicios e nomea un alcalde interino. Os veciños de Oza litigaron pola devolución da documentación ó concello, xa que tiñan medo de que puidese ser utilizada polos grandes industriais coruñeses. De feito, nese período a casa do concello muda de localización en varias ocasións e desaparecen documentos sobre os bens, momento que é aproveitado polo concello da Coruña para modifica-la situación dos marcos que sinalan os lindes entre ámbolos dous concellos na zona da Palloza, aparecendo logo os territorios a nome de José Marchesi Dalmau, quen instalou unha refinaría. Lino María Ferreiro, párroco de Oza, interpuxo unha denuncia que, así e todo, foi resolvida a favor do concello da Coruña. Marchesi Dalmau tamén se fixo cos territorios da costa da parroquia de Oza nos que instalou un lazareto (no cal se trataron enfermos da Guerra de Cuba), que dúas décadas despois sería convertido en Sanatorio Marítimo para nenos tuberculosos.
Seis anos despois do inicio da suspensión, en 1890, Oza recupera a corporación e vende o pazo municipal situado en Monelos co obxecto de liquidar débedas. Os concelleiros tamén conseguen recuperar parte dos documentos, os cales son trasladados ó novo local que o concello alugou en Eirís.
Especulouse coa posibilidade de que a disolución da corporación fose unha estratexia para abocar a Oza a aceptar unha absorción por parte do concello da Coruña.
A desorde chegou á súa máxima expresión tralas eleccións do 10 de novembro de 1901, cando o concello chegou a dividirse en dous: un constituído o 1 de xaneiro de 1902 con sede en Monelos e rexido por José Galán; e outro con sede na Moura, constituído o 19 de febreiro de 1902 con José Gantes como alcalde, manténdose esta situación ó longo de máis dun ano.
En 1907, trasladouse a casa do concello á Moura, xerando descontento entre os veciños. Aproveitando o descontento, os industriais coruñeses promoveron unha solicitude de anexión da parroquia de Oza ó concello da Coruña, acadando un gran número de sinaturas, mais finalmente a operación foi desautorizada dende Madrid por ser Oza a única parroquia do concello que xeraba ingresos. As protestas provocaron que o concello movese a súa sede a unha casa alugada no Corgo, a cal aínda se conserva en ruínas. Tamén nese mesmo ano, o novo párroco Enrique Martínez Esparís pide a anexión da parroquia de Oza á CoruñaEl banquete de la anexión de Oza La Voz de Galicia (5/11/2010).
No ano 1909, a falta de espazo impide o crecemento da Coruña e o movemento a favor da anexión pide a súa execución. O concello herculino solicita información ó de Vigo, que anos antes anexionara o antigo concello de Bouzas, co fin de coñece-lo procedemento. Tamén Juan Fernández Latorre, naquela altura deputado nas cortes e gran partidario da anexión, procura apoios no goberno e no senado español en Madrid co obxectivo de logra-la anexión, alén de emprega-lo seu xornal como medio de propaganda a favor da mesma.
As dificultades económicas ás que chegara o concello de Oza, así como a necesidade de espazo para expandi-la cidade da Coruña, propiciaron a unión.
O 28 de xaneiro de 1912, tivo lugar unha reunión na casa consistorial de Oza na que, durante máis dunha hora, se estudou o xeito de levar a cabo a fusión. Na xuntanza participaron representantes de cada un dos dous concellos. En marzo do mesmo ano levouse a proposta ó Congreso dos Deputados, acadándose dita anexión por Lei de 11 de xullo de 1912. O 1 de outubro quedou disolta a Corporación Municipal de Oza, reuníndose ese mesmo día a nova corporación coruñesa en sesión extraordinaria.
Oza proporcionou ó concello da Coruña dous concelleiros e dous vogais asociados á Xunta Municipal, aínda que foran prometidos nove concelleiros nun primeiro momento. Porén, os devanditos concelleiros desenvolveron unha actividade nula unha vez tomaron posesión do seu cargo. Do mesmo xeito, outros acordos foron incumpridos, deixando ó territorio do antigo concello sen servizo contra incendios ou ameazando con catalogar edificacións en estado de ruína, o que motivou que Alejandro Barreiro Noya e mailo derradeiro alcalde de Oza, Juan Rodríguez Paz, organizasen unha candidatura pro-Oza no ámbito municipal.
Quedaba así amplamente incrementada a superficie do concello coruñés. A anexión de Oza supuxo máis do 70% do actual territorio municipal herculinoLas zonas rurales de la ciudad proceden del antiguo municipio de Oza, anexionado en 1912 La Voz de Galicia (28/3/2010).
Demografía Datos demográficos de Oza (1842-1910)AnoPoboaciónde feitoPoboaciónde dereitoFogares1842-5.6451.13818576.243-1.29418606.360-1.38518777.2487.3081.81818878.0328.0901.92518978.8318.7982.16619009.6449.8372.36019108.9189.4342.327Fonte: INE.
Lugares de Oza miniatura|250px|Mapa do século XIX no que se pode observar a situación do núcleo primitivo de Oza, ademais doutros lugares do concello. miniatura|250px|Mapa da provincia da Coruña de 1865 no que aparece o concello de Oza. miniatura|Plano da Coruña coa anexión do concello de Oza no cal se representan os límites entre ámbolos concellos, 1912. miniatura|Fronteira entre ámbolos concellos no lugar de San Roque de Fóra. Segundo a Geografía General del Reino de Galicia, da que Carré Aldao elaborou a parte correspondente á provincia da Coruña, contaba cos seguintes lugares [Reprodución facsímile da edición: Geografía General del Reino de Galicia. Barcelona: Casa Editorial Alberto Martín, 1929]: Santa María de Oza: Braña Camiño da Aldea Canteira Casanova de Eiris Castaño Castaño de Eiris O Castrillón Os Castros As Cernadas O Corgo Currais A Cubela Eiris de Baixo Eiris de Riba A Gaiteira Hortas de Mestranza A Igrexa Lagarto Lazareto Muíños Monelos Monte O Montiño A Pasaxe Pedrafurada As Xuvias San Vicenzo de Elviña: Carracedo Castiñeiras Castro Elviña O Escorial Feáns A Horta do Xeneral O Lagar Laranxeiro Laxe Mesoiro Palabea Pedralonga Pena Redonda A Ponte da Pasaxe A Ponte de Pedra O Río de Quintas Vío Vedra San Cristovo das Viñas: O Birloque ou Laxes de Arro Bosque de Cances Casanova ou San XoséLugar dividido entre as parroquias de San Cristovo das Viñas e San Pedro de Visma. A Cova Cances Agrela Igrexario Infesta Lagoa Louzás O Martinete Marzán A Moura O Outeiro San Cristovo Silva de Baixo Silva de Riba Someso Torre das Vellas O Ventorrillo Vioño San Pedro de Visma: Bens Caldemoreiras Casanova ou San Xosé Comeanda Figueiras Gonxa Gramela Labañou O Loureiro Maraldo Nostián A Pedra da Barca San Pedro ou Río San Roque A Seavella
Segundo o Diccionario de Madoz, contaba cos seguintes lugares: Santa María de Oza: Eirís Monte Puente-gaitera Pasage San Vicenzo de Elviña: Carracedo Castro Elviña Escorial Fean Lagar Meseiro Palabea Pedralonga Peñaredonda Peñasquedo Pereiroa Ponte-da-pedra Portazgo Quintas Vio San Cristovo das Viñas: Grela Infesta Lousaras Martinete Silva Vioño San Pedro de Visma: Bens Barroa Comeanda Grancela Labañon Río Loureiro San Roque Silva de Arriba
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Na lembranza de Oza", documental acerca do antigo concello de Oza e a perda do seu patrimonio natural e sociocultural despois da anexión ao concello da Coruña. Monografía sobre Oza e o proceso de anexión ao concello da Coruña.
Oza Categoría:A Coruña