Sikinos () é unha illa grega e unha comunidade (Κοινότητα Σικίνου) das Cícladas. Atópase a medio camiño entre as illas de Ios e Folegandros. Sikinos forma parte da unidade rexional de Thira.Kallikratis law Greece Ministry of Interior
Foi coñecida como Oinoe (Illa do Viño) na Antiga Grecia. Contrasta coas illas próximas, como Ios, ao ser tranquila e relativamente menos desenvolvida. Hai dúas aldeas, un é un porto, e o outro está máis arriba nos outeiros. Hai un puñado de tabernas no porto. A praia do porto é unha das dúas grandes praias de area da illa. Quedan na illa varias antigas ruínas. Só hai 2 camiños pavimentados, aínda que un terceiro está sendo construído para conectar o nacente heliporto e un novo resort na outra praia, hai varios camiños de terra en bo estado . Gran parte da illa é de moi difícil acceso debido ao terreo. Case toda a illa está cuberta por cocalcos que se utilizaban para a agricultura extensiva. Agora só un puñado utilízanse en toda a illa, a maioría funcionando cos subsidios gobernamentais. A comunidade tiña unha poboación no censo de 2001 de 238 habitantes. Inclúe a illa deshabitada de Kardiotissa e outros illotes deshabitados. A súa superficie total é de 42,507 km².
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de illas de Grecia
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia Categoría:Cidades-estado de Grecia