Blas Cabrera, nado en Arrecife (Lanzarote) o 20 de maio de 1878 e finado en Cidade de México o 1 de maio de 1945, foi un físico español.
Traxectoria
Estudou en La Laguna e na Universidade Central de Madrid, e ocupou diversos cargos en España entre 1925 e 1936. Magnífico físico experimental, desenvolveu a súa meirande actividade no campo das propiedades magnéticas da materia, acadando un posto senlleiro na física do seu tempo. Foi anfitrión de Albert Einstein na súa visita a España no 1923. Tivo como discípulos a Julio Palacios Martínez e Arturo Duperier, con quen enunciou a Lei de Cabrera-Duperier.
Foi socio fundador da Sociedade Española de Física e Química, fundada en 1903 baixo a presidencia de Echegaray. En 1931, foi nomeado reitor da Universidade Central de Madrid. Ese mesmo ano, substituíu a Leonardo Torres Quevedo, que deixara o posto por problemas de saúde, na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O ano seguinte, xunto con científicos como Miguel Catalán Sañudo ou o seu discípulo, Julio Palacios, deulle pulo á creación do Instituto Nacional de Física e Química, tras recibir unha doazón da Fundación Rockefeller. A sede qeudou establecida no chamado edificio Rockefeller na rúa Serrano de Madrid (hoxe é a sede do Instituto de Química-Física Rocasolano, do CSIC).
En 1933 participou na creación da Universidade Internacional de Verán de Santander (actual Universidade Internacional Menéndez Pelayo), sendo nomeado o seu reitor o ano seguinte. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais entre 1934 e 1938.
En 1936, atopábase en Santander, cando estourou a Guerra Civil. Pasou a Francia e dende alí a Madrid. En 1937, o presidente da Oficina Internacional de Pesos e Medidas, Pieter Zeeman, nomeouno secretario da Oficina, cargo que ostentaría entre 1937 e 1941, marchando a vivir a París.
Despois da guerra civil española foi depurado como catedrático polo réxime franquista. Non houbo proceso con posibilidade de contradición, aplicando só unha Orde Ministerial en febreiro de 1939, xunto a outros catedráticos:
Exilio Exiliado en México, foi acollido pola Facultade de Ciencias da Universidade Nacional Autónoma de México, onde traballou como Profesor de Física Atómica e de Historia da Física. En 1944 comezou a dirixir a revista Ciencia, editada polos científicos españois exiliados, tras a morte de Ignacio Bolívar. Ese mesmo ano, a Institución Cultural Española de Bos Aires publicou seu último libro, El magnetismo de la materia. Morreu no exilio mexicano en 1945.
O 21 de decembro de 2018 foi rehabilitado, xunto a outros seis científicos, polo goberno español. o que se fixo efectifo o 30 de xaneiro de 2019.
Cargos alt=Busto de Blas Cabrera no Instituto Cabrera Pinto en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife)|miniatura|Busto de Blas Cabrera no Instituto Cabrera Pinto en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife) Membro e presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Foi membro da Real Academia Española (onde ocupou a presidencia despois do seu amigo e profesor Santiago Ramón e Cajal), presidente da Sociedade Español de Física e Química, director do Laboratorio de Investigación Física (do Consello de Extensión de Estudos), director do Instituto Nacional de Física e Química, membro estranxeiro da Academia Francesa de Ciencias, membro do Comité Científico das Conferencias Solvay (Bruxelas ), reitor da Universidade Central de Madrid e da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e secretario do Comité Internacional de Pesas e Medidas de París.
Obras
La teoría de los magnetones y la magnetoquímica de los compuestos férricos (1912). Principios fundamentales de análisis vectorial en el espacio de tres dimensiones y en el Universo de Minkowski (1912 13). Estado actual de la teoría de los rayos X y Y. Su aplicación al estudio de la estructura de la materia (1915). ¿Qué es la electricidad? (1917). Magnéto-chimie (1918) (en francés). El estado actual de la teoría del magnetismo (1916-1919). Principio de relatividad (1923). Paramagnetismo y estructura del átomo y de la molécula (1923-1927). El átomo y sus propiedades electromagnéticas (1927). alt=Na conferencia Solvay de 1930|miniatura|Na conferencia Solvay de 1930L'Étude expérimentale du paramagnétisme : Le Magnéton (1931) (en francés). alt=Na conferencia Solvay 1933|miniatura|Na conferencia Solvay 1933Electricidad y teoría de la materia (1933). Dia- et paramagnétisme et structure de la matière (1937) (en francés). El atomismo y su evolución (1942). El magnetismo de la materia (1944).
Para saber máis
Martínez Navarro, Francisco (2005). Blas Cabrera Felipe. Madrid: Dykinson, Goberno das Canarias. p. 178. ISBN 84-9772-784-3. OCLC 173243678. Consultado o 9 de maio de 2018. Romero de Pablos, Ana (2002). Cabrera, Moles, Rey Pastor. La europeización de la ciencia, un proyecto truncado. Madrid: Nivola.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
Ligazóns externas Biografía ampla
Categoría:Físicos de España Categoría:Nados en Lanzarote
Categoría:Nados en 1878
Categoría:Finados en 1945
Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva Categoría:Finados por párkinson