Thirasia, tamén coñecido como 'Therasia' (), é unha illa volcánica no grupo das illas de Santorini nas Cícladas gregas. Atópase ao noroeste de Nea Kameni, unha pequena illa formada nos últimos séculos pola actividade volcánica, marcando así o centro do grupo de illas. Therasia é a segunda illa máis grande do grupo, logo de Thera.
Therasia ten unha superficie de 9´299 km² e a súa poboación era de 319 habitantes no censo 2011. forma parte do municipio de Oia (Κοινότητα Οίας).
Thera e Therasia formaban unha única antiga illa redonda que tras a erupción volcánica de Thera partiuse en dous formando a actual configuración xeográfica do arquipélago, coa illa de Santorini, forman o cono volcánico.
Vilas
Agia Eirini (poboación 89) Agrilia (0) Manolas (147) Ormos Korfou (2) Potamos (30)
Poboación CensoHabitantes1991 233 2001 268 2011 319
Véxase tamén
Outras illas gregas
Ligazóns externas Official website
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia