Elena Ceaușescu, de solteira Elena Petreșcu, nada en Balotești o 7 de xaneiro de 1916 e finada en Târgovișche o 25 de decembro de 1989, foi viceprimeira Ministra de Romanía (1952 - 1989) e dona do presidente romanés Nicolae Ceaușescu.

Traxectoria Nada nunha familia pobre nun poboación preto de Targoviște, trasladouse co seu irmán a Bucarest despois da finalización da escola primaria. En 1937 ingresou ao Partido Comunista (PCR), onde coñecería a Nicolae Ceaușescu en 1939, co que casaría en 1945.

Elena Ceaușescu rematou a carreira de química en 1967. Até a elección de Nicolae como Secretario Xeral do PCR, Elena tivo diversos postos de variable importancia, como secretaria do Ministerio de Asuntos Exteriores. Co ascenso do seu home, Elena comezou a tomar posicións importantes na estrutura estatal e a dirección do PCR. Dende 1979 Elena era a segunda persoa en importancia de Romanía, co título de Vice Primeira Ministra.

Trala Revolución romanesa de 1989, o 25 de decembro de 1989, Elena e mailo seu home foron condenados a morte por un tribunal creado ex profeso nun xuízo sumario sen ningunha garantía xurídica, validez legal nin posibilidade de defenderse das acusacións, baixo os seguintes cargos: xenocidio, dano á economía nacional, enriquecemento inxustificable e uso das Forzas Armadas en accións en contra de civís. Foron executados por fusilamento nun cuartel militar en Târgovișche. Estes sucesos foron transmitidos pola televisión romanesa días despois para acougar á poboación, xa que seguía habendo combates entre os partidarios e opositores a Ceaușescu.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Políticos comunistas Categoría:Políticos de Romanía Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Romanía