miniatura|Representación de Estevo no mosteiro de Humor Estevo III de Moldova (c. 1437 - 2 de xullo de 1504), tamén coñecido coma Estevo o Grande («Ștefan cel Mare» en romanés) ou Estevo o Grande e o Santo («Ștefan cel Mare și Sfânt»), foi príncipe de Moldova entre 1457 e 1504, o máis prominente representativo da Casa Real Mușat. miniatura|esquerda|Moldova en 1483. Durante o seu reinado, transformou Moldova nun estado poderoso e mantivo a súa independencia fronte ás ambicións de Hungría, Polonia, e do Imperio Otomán, que querían subxugar ao país. Estevo chegou a ser famoso en Europa pola súa resistencia fronte aos otománs. Foi vitorioso en 34 de 36 batallas, e o primeiro en derrotar de maneira decisiva ao Imperio Otomán, na Batalla de Vaslui, despois da cal o papa Sisto IV nomeouno verus christianae fidei athleta (verdadeiro campión da fe cristiá). Estevo foi un home relixioso, construíndo igrexas e mosteiros despois das súas vitorias, e pagando a débeda do Monte Athos ao Imperio Otomán, asegurando desta maneira a autonomía da comunidade monástica.

Primeiros anos e chegada ao poder Estevo era membro da familia real Mușat. O seu pai Bogdan II reinara sobre Moldova por dous anos (1449-1451), antes de morrer nunha batalla, morto o tío de Estevo, Petru Aron. Entre 1451 e 1457, Moldova foi trastornada por unha guerra civil entre Petru Aron e Alexăndrel, neto de Alexandru cel Bun.

Despois do conflito, Estevo refuxiouse en Transilvania, buscando a protección do comandante militar Iancu de Hunedoara. Trasladouse despois á Corte de Vlad Draculea, e, en 1457, conseguiu recibir a 6.000 cabaleiros como asistencia militar, gañando a batalla en contra de Petru Aron en Doljești, preto de Roman. Aron fuxiu a Polonia, mentres que Estevo foi coroado príncipe. Dous anos despois, liderou unha incursión dentro de Polonia, buscando a Aron, pero atopou unha forte resistencia. Asinouse un tratado entre Moldova e Polonia, a través do cal Estevo recoñeceu a Casimiro IV Iagellón como o seu suzerano, mentres que a Aron prohibíuselle entrar en Moldova.

Reinado miniatura|Escudo de Moldova de 1481. Ameazado por veciños poderosos, conseguiu oporse á invasión do rei húngaro Matías Corvino, derrotándoo na Batalla de Baia (en 1467), e invadindo Valaquia en 1471, porque Valaquia converteuse en vasalo do Imperio Otomán. Cando o sultán Mehmed II organizou un ataque como resposta a Moldova, Estevo derrotou aos invasores na Batalla de Vaslui, en 1475, unha vitoria que cortou temporalmente o avance turco na Europa oriental.

Estevo foi derrotado en Războieni o ano seguinte, mais os otománs tiveron que retirarse, ao non conseguir capturar ningún castelo importante, e porque unha enfermidade espallouse no exército turco. Estevo buscou o apoio dos cristiáns europeos, pero sen éxito. Aínda así, díxose sobre el que "cortou a man dereita ao pagán".

Despois de 1484, Estevo tivo que enfrontarse non só aos ataques turcos, senón tamén aos polacos e húngaros. Finalmente, en 1486 asinou un tratado co sultán Bayezid II, que aseguraba o autogoberno de Moldova, en cambio por un tributo anual. A partir do século XVI, o Principado de Moldova foi vasalo do Imperio Otomán durante 300 anos.

Estevo morreu en Suceava, e está soterrado no mosteiro de Putna, construído ás súas ordes.

Legado Aínda que foi marcada por continua turbulencia, o longo reinado de Estevo trouxo consigo un considerable desenvolvemento cultural; moitas igrexas e mosteiros foron construídas ás súas ordes, dos cales algúns son Patrimonio da Humanidade.

Estevo foi considerado un santo por moitos cristiáns, a pouco tempo despois da súa morte. Foi canonizado pola Igrexa ortodoxa romanesa, baixo o nome «Dreptcredinciosul voievod Ștefan cel Mare și Sfânt».

Nunha campaña da televisión estatal romanesa chamada «Mari Români» («Grandes romaneses»), Estevo recibiu 40.000 votos e foi elixido «O máis grande romanés» da historia.

O historiador romanés Nicolae Iorga afirmou sobre o carácter de Estevo: «O pobo romanés atopou en Estevo o Grande o máis limpo e perfecto icona da súa alma: honesto e traballador, paciente sen esquecer e valente sen crueldade, enérxico cando estaba alporizado e sereno no seu perdón, claro e equilibrado na súa fala, bo organizador e amante do fermoso, sen soberbia nas súas accións».

A figura de Estevo foi invocada na literatura popular e culta romanesa. Os romaneses do seu século adoitaban cantar «Ștefan Vodă, gran señor, sen semellanza no mundo, máis có espléndido sol».

Categoría:Príncipes Categoría:Personalidades de Moldova Categoría:Romanía Categoría:Finados en 1504 Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas