O Imperio Austríaco foi fundado en 1804 como reacción á creación do Primeiro Imperio Francés baixo Napoleón I. O primeiro emperador de Austria foi Francisco I, tamén ostentando o título de emperador Sacro-Romano co nome de Francisco II. Máis tarde abdicaría deste cando o imperio foi abolido na reorganización napoleónica de Alemaña en 1806. Para manter o seu título imperial elevou a Austria da categoría de arquiducado á de imperio.
Historia O Imperio Austríaco formou parte da Confederación Xermánica a partir de 1815, cando o Congreso de Viena restableceu as fronteiras de Europa despois da derrota de Napoleón I e reorganizou a forma e ideoloxía políticas do Antigo Réxime.
Tras varios intentos errados de reforma constitucional, o Imperio Austríaco transformouse no Imperio Austrohúngaro como consecuencia directa da derrota sufrida na guerra das Sete Semanas e grazas ao Compromiso austrohúngaro de 1867 baixo o reinado de Francisco Xosé I de Austria, outorgando igualdade de status aos territorios húngaros.
Países do Imperio Austríaco Reino de Bohemia (Königreich Böhmen) Reino de Hungría (Königreich Ungarn) Reino de Dalmacia (Königreich Dalmatien) Reino de Galicia e Lodomeria (Königreich Galizien und Lodomerien) Reino de Croacia e Eslavonia (Königreich Kroatien und Slawonien) Reino da Lombardo-Véneto (Lombardo-Venezianisches Königreich) Arquiducado de Austria (Erzherzogtum Österreich) Ducado de Carintia (Herzogtum Kärnten) Ducado de Carniola (Herzogtum Krain) Ducado de Salzburgo (Herzogtum Salzburg) Ducado de Silesia (Herzogtum Schlesien) Ducado de Estiria (Herzogtum Steiermark) Ducado de Bucovina (Herzogtum Bukowina) Ducado de Serbia e Tamis Banat (Woiwodschaft Serbien und Tamisch Banat) Banato de Temesvar (Temescher Banat) Gran Principado de Transilvania (Großfürstentum Siebenbürgen) Margraviato de Moravia (Markgrafschaft Mähren) Condado do Tirol (Gefürstete Grafschaft Tirol) Condado de Gorizia e Gradisca (Grafschaft Görz und Gradisca) Estado de Vorarlberg Margraviato de Istria (Istrien) miniatura|200px|A Coroa Imperial, antiga propiedade de Rodolfo II
Economía Situación en Hungría Até a revolución de 1848 os únicos propietarios da terra eran os nobres.Macartney, p. 578 A reforma agraria de 1852-1853 por parte da coroa tratou de crear unha nova clase social de campesiños propietarios na que apoiarse fronte á nobreza maxiarMacartney, p. 579 A reforma foi, con todo, un fracaso. As novas posesións eran, en xeral, demasiado pequenas para sustentar ao campesiñado que, sen experiencia no mercado, sen crédito accesible e debido á depresión agrícola de finais do XIX viuse abocada a vender as súas propiedades aos terratenentes e volver a unha situación de dependencia moi semellante á anterior á reforma.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Casa de Austria Klemens von Metternich Unificación alemá
Categoría:Imperio Austríaco