miniatura|Mapas para o PIB nominal e o PIB PPA totais de 2005, segundo datos do FMI.

Unha potencia mundial é un estado que ten a capacidade de influír ou proxectar poder a escala mundial. Dende o desenvolvemento das grandes civilizacións tomouse en consideración este termo. Na antigüidade pode considerarse a Roma, China, Antigo Exipto entre outros como grandes potencias; na era moderna foi España, pasou a Francia para pasar posteriormente a Inglaterra e Rusia como as grandes potencias. No século XX as grandes potencias foron os EUA, Rusia (e a URSS), o Xapón, Francia, a China, Alemaña e o Reino Unido.

En termos máis actuais, pode ser un estado cunha economía forte segundo o seu Produto Interno Bruto (PIB) tomando en conta o valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país, cunha elevada poboación, e un poderoso exército, incluíndo forzas aéreas, marítimas e satélites.

Dende o punto de vista económico a primeira potencia mundial é Estados Unidos ao que seguen China, Xapón, Alemaña, India, Rusia, e Francia.

Militarmente falando a primeira potencia segue sendo Estados Unidos, á que lle segue China, Rusia, India, Reino Unido, Francia e Alemaña.

Se atendemos ao status de potencias nucleares a Rusia séguenlle por esta orde Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Francia e Israel. Cabe mencionar que só Estados Unidos, Reino Unido, Francia, China e Rusia atópanse nas tres categorías.

Dende o punto de vista aereonaval, considéranse potencias con proxección aereonaval a Estados Unidos, Rusia (grazas á súa frota de submarinos nucleares), Reino Unido (que posúe tres portaavións), Francia (que posúe un portaavións nuclear), Xapón, España e Italia.

Algunhas listas mostran a bloques económicos como potencias mundiais como: A Unión Europea.

miniatura|400x400px|Mapa mundial co estado de desenvolvemento nuclear representado por cores.

|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Primeira potencia mundial Países por PIB (PPA) per cápita - PIB calculado a prezos de paridade de poder adquisitivo (PPA) por habitante Países por PIB (nominal) - PIB a prezos de mercado ou goberno Países por PIB (nominal) per cápita - PIB a prezos de mercado ou goberno por habitante

Ligazóns externas A Unión Europea, potencia mundial China cuarta potencia mundial: 2005 A Unión Europea, potencia mundial Xapón Potencia mundial India, potencia mundial

Categoría:Xeopolítica