O Villarreal Club de Fútbol B é o equipo filial do Villarreal Club de Fútbol, club de fútbol da cidade española de Vila-real (Castelló). Foi fundado en 1999 e actualmente xoga na Segunda División B.
Disputa os seus partidos na Cidade Deportiva do Villarreal, pero en ocasións disputou partidos no Estadio de la Cerámica, onde xoga o primeiro equipo.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias amarelas. Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias grises.
Estadio
O Villarreal B, disputa os seus partidos nas instalacións da Cidade Deportiva do Villarreal, inaugurada no ano 2002 e con capacidade para 3.000 espectadores. O ascenso do equipo á 2ª División para a tempada 2009-2010 favoreceu a ampliación do recinto ata as 5.000 localidades, sen prexuízo de que moitos partidos oficiais poidan disputarse no campo do primeiro equipo (Estadio de la Cerámica) por dispor este de maior aforamento.
Datos do club Tempadas en 2ª: 3 Tempadas en 2ªB: 5 (incluída a 2014/15) Tempadas en 3ª: 4 Tempadas en Divisións rexionais: 4 Mellor posto na liga: 7º (Segunda tempada 2009-10)
Xogadores Cadro 2010/11
Actualizado a 1 de setembro de 2010.
Palmarés Terceira División de España (1): 2005-06 Subcampión da Segunda B (1): 2008-09 Subcampión da Terceira División (1): 2006-07
Véxase tamén Outros artigos Villarreal Club de Fútbol
Ligazóns externas Sección dedicada ó fútbol basena Páxina Web oficial do Villarreal Club de Fútbol Novas do Villarreal B La Futbolteca: Villarreal B
Categoría:Villarreal CF Categoría:Equipos de fútbol filiais españois Villarreal B
nl:Villarreal CF#Villarreal CF B