O Real Ciencias Rugby Club é un club de rugby español da cidade de Sevilla. Foi fundado en 1972 e compite na máxima categoría do rugby en España, a División de Honra.
O club disputa os seus encontros como local no estadio de atletismo das Instalacións Deportivas de La Cartuja, con capacidade para 1932 seareiros. O recinto, inaugurado o 12 de novembre de 1989, foi rebautizado en 2024 co nome Campo de Rugby Juan Antonio Arenas como homenaxe ao fundador e histórico adestrador do Real Ciencias que gañou dúas ligas e tres copas na década dos anos 90s.
Historia O Club de Rugby Ciencias de Sevilla foi fundado en 1972 na Facultade de Ciencias (de aí o nome) da Universidade de Sevilla.
A etapa máis gloriosa deste club tivo lugar a principios dos anos '90. Entre 1992 e 1996, o club gañou os seus títulos máis importantes, dúas ligas de División de Honra, tres Copas do Rei e unha Copa Ibérica, na que gañou ao campión portugués, o Grupo Dramático Sportivo Cascais en 1995.
Tamén é destacable que numerosos xogadores formados, ou que pertenceron a este club foron internacionais por España en multitude de partidos, ao longo da súa historia.
Palmarés Posicións do Club de Rugby Ciencias en competicións nacionais dende a súa fundación Categoría201312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473Div.Honra 9 8 6332 106 94637524131936 44xx Div.HonraB 1 13 1ªNacional 1362 7 322 Copa 2 2111
A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. Títulos 2 Ligas: 1992 e 1994 3 Copas do Rei: 1994, 1995 e 1996 1 Copa Ibérica: 1995 12 Copa FAR "Trofeo Felipe Del Valle" Tempadas completadas na División de Honra Con 51 tempadas: UE Santboiana Con 37 tempadas: CR Cisneros Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo Con 34 tempadas: Getxo RT Con 32 tempadas: VRAC Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias Con 23 tempadas: FC Barcelona Con 22 tempadas: RC Valencia Outros.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos
Ciencias Categoría:Deporte en Sevilla