O terceiro concilio de Braga tivo lugar en 675, sendo prelado Leodegisius, e baixo o reinado de Vamba.

Foron promulgados oito decretos, todos eles demandando gran simplicidade e un maior respecto cara á relixión tanto por parte dos fieis como do clero.

Os principais acordos tomados foron:

Non se debe ofrecer en sacrificio leite ou uvas, senón pan e viño mesturado cun pouco de auga nun cáliz; tampouco se debe ofrecer pan mollado no viño. En caso de utilizar os obxectos sagrados para fins profanos, os clérigos deben ser excomungados e os relixiosos privados do seu oficio. Os sacerdotes non debían ter muller algunha na súa casa, agás as súas nais. Os bispos, mentres leven as reliquias dos mártires en procesión, deben camiñar por si mesmos cara á igrexa, e non ser levados nunha cadeira, por diáconos vestidos de branco. Non se deben inflixir castigos corporais aos novos eclesiásticos, abades ou sacerdotes, agás en caso de falta grave. Non se deben aceptar doazóns para os santos sacramentos, e os reitores das igrexas non deben pedir aos membros da súa parroquia que traballen nas súas propias granxas. En caso de facelo, deben indemnizar á igrexa polo dano feito.

Véxase tamén Ligazóns externas Concilium Bracarense tertium, texto da Collectio Hispana Gallica Augustodunensis (Biblioteca Vaticana, 1341) . "Councils of Braga", artigo na Catholic Encyclopedia .

Categoría:Braga Braga Categoría:675 Categoría:Historia medieval de Galicia