Cristina Ferreiro Real, nada en Lugo o 9 de maio de 1983, é unha escritora galega.
Traxectoria É Técnico Superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos. Autora de pezas de videoarte e arte experimental, deuse a coñecer en 2006 ao gañar o Premio de Poesía Concello de Ames co libro A extinción dos harmónicos, en 2007 obtivo o Premio Francisco Añón con Ansiedade e planetas, tamén nese ano foi finalista do 3º Premio Biblos-Pazos de Galicia. Con Desequilibras e caer gañou o segundo Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba. En 2012 gañou o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño por Abecedario póstumoA lucense Cristina Ferreiro gaña o Fiz Vergara con 'Abecedario póstumo'. En 2013 gañou o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón coa obra As paisaxes eléctricas"Cristina Ferreiro Real gaña o premio de poesía de Dodro Lorenzo Baleirón", La Voz de Galicia (15-12-2013)..
Obras Poesía A extinción dos harmónicos, 2007, Concello de Ames. Ansiedade e planetas, 2008, Concello de Outes. Desequilibras e caer, 2009, Bubela. Abecedario póstumo, 2013, Espiral Maior. As paisaxes eléctricas, 2014, Sotelo Blanco.
Narrativa Catro esquinas e cinco contos máis, 2008, Concello de Ourense/Asociación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense.
Obras colectivas Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación, 2011, Bubela. Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
Premios XII Premio Fiz Vergara Vilariño no 2012, por Abecedario póstumo. XXVI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2013, por As paisaxes eléctricas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón