O urdú (nome local : urdū / اردو) é unha lingua indoaria pertencente ao grupo indoiranio da familia das linguas indoeuropeas.
Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.
Moi próximo ao hindi pola súa sintaxe e a súa morfoloxía (antes do 1947 chamábaselle hindustano ao hindi e mais ao urdú, que constituían unha soa lingua), fixo numerosos empréstimos lexicais ao árabe e ao persa, linguas que teñen introducido dentro do seu sistema fonolóxico fonemas suplementarios. A diferenciación co hindi tende a medrar despois da separación da India e Paquistán no 1947; o urdú experimenta actualmente un re-achegamento ao persa e unha eliminación dos termos sánscritos.
Alfabeto O urdú escríbese segundo a grafía árabe-persa. +Alfabeto urdú Letra Nome da letra Transcrición AFI alif – – be b /b/ pe p /p/ te t /t/ /ʈ/ se s /s/ jīm j /d͡ʒ/ che ch /t͡ʃ/ h /h/ ~ /ɦ/ khe kh /x/ dāl d /d̪/ /ɖ/ zāl dh /z/ re r /r/ ~ /ɾ/ /ɽ/ ze z /z/ zhe zh /ʒ/ sīn s /s/ shīn sh /ʃ/ su'ād ṣ /s/ zu'ād z̤ /z/ to'e t /t/ zo'e ẓ /z/ ‘ain ' – ghain gh /ɣ/ fe f /f/ qāf q /q/ kāf k /k/ gāf g /ɡ/ lām l /l/ mīm m /m/ nūn n /n/ vā'o v, o, ou ū /ʋ/, /oː/, /ɔ/ ou /uː/ h /h/ ~ /ɦ/ do chashmī he h /ʰ/ ou /ʱ/ hamza ' /ʔ/ ye y, i /j/ ou /iː/ bari ye ai ou e /ɛː/ ou /eː/
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en urdú
Categoría:Lingua urdú Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Paquistán