O Basket Club Ferrara foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade italiana de Ferrara, na rexión de Emilia Romaña, fundado en 1999 e desaparecido en 2011. Nas temporadas 2008-09 e 2009-10 competiu na Serie A da Liga Italiana.

Historia O club, fundado en 1999, comeza a súa andaina nas categorías inferiores do baloncesto italiano, acadando o ascenso á Serie A2 na súa terceira tempada de existencia. Tras clasificarse en dúas ocasións para os play-offs de ascenso en 2004 e 2006, finalmente conseguiu chegar á máxima categoría en 2008. Porén, tras tan só dous anos, descende na temporada 2009-10. Despois da temporada 2010–11 na segunda categoría, o presidente do club Roberto Mascellani vende os dereitos do Ferrara ao Biancoblù Basket Bologna, equipo que tentou suplir durante 2011 e 2013 ao Fortituto Bologna, acabando coa actividade do club. O equipo renacería entón co nome de Pallacanestro Ferrara 2011, competindo na temporada 2015-16 na Serie A2.

Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a patrocinios, o club foi coñecido como: Sinteco Ferrara (1999-2002) Carife Ferrara (2002–2010) NaturHouse Ferrara (2010–2011)

Xogadores Destacados

Monty Mack 1 temporada: '01-'02 Frantz Pierre-Louis 1 temporada: '01-'02 Terence Black 1 temporada: '01-'02 Venson Hamilton 1 temporada: '01-'02 Michael Williams 3 temporadas: '02-'05 Cristiano Grappasonni 2 temporadas: '02-'04 Brian Tolbert 1 temporada: '02-'03 Albert Burditt 1 temporada: '02-'03 Geno Carlisle 1 temporada: '02-'03 Andrea Ghiacci 3 temporadas: '03-'06 Terrell McIntyre 1 temporada: '03-'04 MC Mazique 1 temporada: '03-'04 Jobey Thomas 2 temporadas: '04-'06 Glen Whisby 1 temporada: '04-'05 Titus Ivory 1 temporada: '04-'05 Leonardo Busca 1 temporada: '04-'05 Brent Darby 1 temporada: '05-'06 Paul Marigney 1 temporada: '06-'07

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do equipo en Eurobasket

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia