Alberto Terry Arias-Schreiber, nado en Lima, Provincia de Lima, o 16 de maio de 1929 e finado en Lima o 7 de febreiro de 2006, foi un destacado futbolista peruano.

Biografía Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Club Universitario de Deportes, co que debutou en 1947, ós 17 anos de idade. Gañou cone ste club a Liga peruana en 1949, e ao ano seguinte foi o máximo goleador do campionato. Xogou 210 encontros co Universitario e anotou 115 goles. Pechou a súa carreira no Sporting Cristal, co que gañou a liga en 1961.

Selección nacional Foi internacional coa selección do Perú en 25 ocasións, anotando 11 goles. Gañou co combinado peruano dúas edicións da Copa do Pacífico, en 1953 e 1954.

Clubs Universitario de Deportes - (Perú) - 1947-1958 Universitario de Deportes - (Perú) - 1959-1961 Títulos Campionatos nacionais Universitario de Deportes - (Perú) - 1949. Sporting Cristal - (Perú) - 1961. Copas internacionais Selección nacional de fútbol do Perú - 1953 (Copa do Pacífico) Selección nacional de fútbol do Perú - 1954 (Copa do Pacífico) Distincións individuais Máximo goleador da Liga peruana - 1950

Véxase tamén Ligazóns externas Arkivperu: Terry Futbolfactory: Toto Terry Fútbol peruano de luto

Categoría:Futbolistas do Perú Categoría:Futbolistas do Universitario de Deportes Categoría:Futbolistas do Sporting Cristal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Nados en Lima Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Adestradores de fútbol do Perú Categoría:Adestradores do Sporting Cristal