A lira vaticana foi a divisa oficial da Cidade do Vaticano. O seu valor estaba ligado ao da lira italiana, segundo os termos dos Pactos Lateranenses de 1929. A lira italiana e a sanmarinesa eran de curso legal en toda a Cidade do Vaticano; así mesmo, a lira vaticana tiña valor legal en Italia e San Marino.

A Cidade do Vaticano, aínda non pertencendo á Unión Europea, adoptou o euro en 2002, como consecuencia dos acordos financeiros con Italia. Como todos os outros países da Eurozona, a Cidade do Vaticano pode acuñar as súas propias moedas de euro.

Véxase tamén

Outros artigos

Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato Oficina Filatélica e Numismática da Cidade do Vaticano Museo Filatélico e Numismático Vaticano

Categoría:Lira (moeda) Categoría:Economía da Cidade do Vaticano Categoría:Moedas substituídas polo euro Categoría:ISO 4217