Santo Estefano é unha pequena illa de Italia localizada no mar Tirreno fronte á costa entre Lacio e Campania e forma parte das illas Ponziane. Como o resto do arquipélago, a illa ten orixe volcánica e ten unha forma circular de menos de 500 metros de diámetro e unha extensión de preto de 27 hectáreas. Atópase a tan só dous quilómetros da illa de Ventotene da cal depende administrativamente.

No período romano a illa tivo diferentes nomes, entre eles Partenope (do grego Παρθενόπη), Palmosa, Dommo Stephane e Borca, e foi escasamente poboada. Os cantís escarpados, de feito, sempre fixeron o desembarco difícil, só é posible en 4 puntos, accesibles en función dos ventos.

Polo momento a illa está deshabitada e é de propiedade privada, pero pódese visitar cos barcos locais. Atópase a uns 2 km ao leste de Ventotene, da que depende administrativamente. O único edificio na illa é unha prisión ("edificio circular") con 99 celas, construída durante o período borbónico entre 1794 e 1795 por Fernando IV e usada ata 1965.

A maioría dos detido máis ilustres foron opositores ao réxime fascista nos anos 20. Entre eles se recordan ao ex presidente de Italia Sandro Pertini, Giorgio Amendola e Altiero Spinelli.

No interior do cárcere, o director Tinto Brass rodou unha película.

miniatura|Ruínas do cárcere.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vittorio Paliotti, "La repubblica di Santo Stefano", in Storia della camorra, Roma, Newton Compton, 1993 (1ª ed.), pp. 127–131. ISBN 88-7983-287-5. Outros artigos Illas Ponziane

Ligazóns externas L'isola di Santo Stefano en AmoVentotene.it

Categoría:Illas de Italia Categoría:Illas do Mediterráneo