Lavoslav (Leopold) Ružička nado o 13 de setembro de 1887 en Vukovar (Croacia) e finado o 26 de setembro de 1976 en Zürich (Suíza)), foi un químico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1939.
Biografía Cursou os seus primeiros estudos en Osijek (Croacia), cambiando a súa idea inicial de converterse en sacerdote polo estudo de materias técnicas. Elixiu a química, probablemente porque esperaba atopar traballo na refinaría de azucre recentemente aberto en Osijek. Asistiu á Escola Técnica Superior de Karlsruhe, onde estudou química orgánica e físico-química baixo a titoría de Fritz Haber. Posteriormente asistiu á Universidade de Basilea e impartiu clases de química orgánica no Instituto Federal de Tecnoloxía de Zürich.
Investigacións científicas Iniciou as súas investigacións acerca da industria do perfume, entrando en contacto co terpeno. Entre 1934 e 1935 descubriu que a androsterona e testosterona (hormonas masculinas) poden ser producidas a partir dun esterol neutro, como o colesterol, descubrimento que solucionou o problema da produción sintética de hormonas.
Foi galardoado en 1939 co premio Nobel de Química, compartido con Adolf Butenandt, polos seus traballos con polimetileno e terpenos.
Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química.
Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1939 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Leopold Ruzicka en NNDB
Categoría:Químicos de Croacia Categoría:Químicos de Suíza Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Premios Nobel de Suíza Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados no condado de Vukovar-Srijem Categoría:Premios Nobel de Croacia