Jadranka Kosor, nada en Pakrac o 1 de xullo de 1953 é unha política e antiga periodista croata, que foi primeira ministra de Croacia dende 2009, despois da dimisión de Ivo Sanader, ata 2011.

Biografía Estudou dereito na Universidade de Zagreb. En 1972 traballou como xornalista para o diario Večernji list (Diario da tarde, en lingua croata).

Durante a guerra de independencia de Croacia (1991-1995), Kosor traballou como periodista de Radio Zagreb, ocupándose sobre todo de temas dos refuxiados e os mutilados de guerra. Tamén fixo crónicas para a BBC.

Publicou dous libros de poesía e dous sobre a independencia de Croacia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía oficial Biografía por Fundación CIDOB

Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Primeiros ministros de Croacia Categoría:Alumnos da Universidade de Zagreb Categoría:Nados no condado de Požega-Eslavonia