El Síndrome del Martes é un grupo musical catalán formado en 2001. A banda é orixinaria de Badalona (Barcelona). O seu estilo de música é pop rock.
Membros Jose María Buitrago: Voz, guitarra rítmica. Xavi Miliá: Voz, guitarra solista. Jonatan Jiménez: Baixo, coros. Nando Reyes: Teclados. Jordi Miralles: Batería, programacións.
Discografía El Síndrome del Martes (2007)
Eurovisión No ano 2007, TVE organizou a elección do candidato por España en Eurovisión, presentándose 700 artistas de todos os puntos do Estado, moitos deles xa coñecidos, con representación e traballos discográficos xa publicados. El Síndrome del Martes foi un dos grupos entre os 57 semifinalistas, aparecendo na televisión dentro do programa ''Misión Eurovisión' o 3 de febreiro de 2007 interpretando a canción "Mucho mejor" de Los Rodríguez.
No ano 2008, a elección para o representante español en Eurovisión foi levada a cabo mediante votacións populares en MySpace e patrocinado por Televisión Española. El Síndrome del Martes foi un dos 536 participantes, quedando no posto 89 da votación coa canción "Tiempo al tiempo".
Véxase tamén Ligazóns externas MySpace oficial de El Síndrome del Martes
Categoría:Grupos musicais de Cataluña