Chamilo é unha solución de software libre, con licenza baixo a GNU/GPLv3, de xestión do E-learning ou aprendizaxe electrónico desenvolvido co obxectivo de mellorar o acceso á educación e ó coñecemento global e que nace como directo sucesor do LMS Dokeos 1.8.6. É sostido pola Asociación Chamilo (asociación sen fin de lucro), que ten como obxectivo a promoción do software para a educación (e particularmente Chamilo), o mantemento dunha canle de comunicación clara e a construción dunha rede de fornecedores de servizos e contribuíntes ó software.

O proxecto Chamilo pretende asegurar a dispoñibilidade e calidade da educación a un custo reducido a través da distribución libre e gratuíta do seu softwarehttp://www.chamilo.org, da adaptación da súa interface para dispositivos do Terceiro Mundohttp://livestre.am/wKs0 e da provisión dun campus e-learning de acceso libre.

Actualmente Chamilo ten dúas vertentes: A asociación Chamilo: xunta a institucións, empresas e particulares co obxectivo de garantir que Chamilo sexa sempre un proxecto de código libre. Entre os seus cometidos atópase tamén o ser propietaria da marca Chamilo para que esta nunca estea en mans de particulares. Chamilo, o software: nace como continuación do proxecto Dokeos. A maior parte dos desenvolvedores desta comunidade, continúan o seu labor neste novo proxecto.

En Galicia, o CESGA, (Centro de Supercomputación de Galicia), utiliza Chamilo para a súa plataforma de e-learning, Aula Cesga. En decembro de 2011, esta plataforma contaba con máis de 20.000 usuarios."Aula CESGA Supera os 20.000 usuarios" , artigo na web do CESGA, 2 de decembro de 2011."Máis de 23.000 usuarios e 800 cursos avalan o éxito de Aula CESGA no X aniversario da súa apertura" , artigo na web do CESGA, 13 de xuño de 2012.. En marzo de 2013 a plataforma ten máis de 35.000 usuarios.

Notas

Véxase tamén Moodle LMS CMS

Ligazóns externas Chamilo.org Aula Cesga

Categoría:Aplicacións informáticas Categoría:Soporte lóxico baixo licenza GPL