Elias José Torres Feijó, nado en Tui o 25 de xaneiro de 1964, é un filólogo galego.
Traxectoria En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A Galiza em Portugal, Portugal na Galiza a través das revistas literarias: (1900-1936), dirixida por José Luís Rodríguez Fernández. É profesor titular de Filoloxía Galega e Portuguesa nesa mesma universidade, onde dirixe o grupo de investigación GALABRA: consolidación e estruturación de unidades competitivas de investigación. Grupos con potencial crecemento, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia. Tamén en Narrativas, usos e consumos de visitantes como aliados ou ameazas para o benestar da comunidade” (2018-2022,) financiado pola Agencia Estatal de Investigación.
Dedicouse a desenvolver unha adaptación da Teoría dos Polisistemas a áreas culturais emerxentes liderando proxectos sobre a relación entre Galicia e Portugal, contribuíndo á comprensión das relacións e á explicación das asimetrías e precariedades relacionadas con ela. Investigou sobre a consideración da cultura como un ben, unha ferramenta e un transmisor de ideas.
No período 1989-1993 foi vicepresidente da Mesa pola Normalización LingüísticaFicha biográfica no PGL (consultado o 21 de xaneiro de 2010)., vicerreitor da USC (2006-2009)Noticia en El Correo Gallego sobre as eleccións á USC (consultado o 21 de xaneiro de 2010). e desde 2008 a 2014 presidiu a Associação Internacional de LusitanistasWeb da AIL (consultado o 21 de xaneiro de 2010).. En 2020 foi elixido decano da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. É un dos fundadores do Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres Altair sendo na actualidade coordinador pedagóxico da asociación Altair Galiza e director da súa escola ETL Altair Galiza.
Dirixiu a revisa Veredas de 2008 a 2014. Ten colaborado en Madrygal: Revista de estudios gallegos, Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista, Revista portuguesa de humanidades, Letras de Hoje: Estudos e debates de assuntos de lingüística, literatura e língua portuguesa, Revista galega de educación, Romance notes, Agália: Publicaçom internacional da Associaçom Galega da Lingua.
Obra
Sobre conflito linguístico e planificaçao cultural na Galiza contemporânea. Dez contributos (2018). Con Roberto Samartín. Através Ed. ISBN 978-84-16545-22-3 Galeguismo precário e Portugal. Entre os Jogos Florais de Tui e a Academia Galega através das revistas culturais (1891-1906): os sistemas literarios galeguista e portugués e o seu relacionamento. (2019). Ed. Andavira. 758 páxs. ISBN 978-84-121445-1-2. Con base na súa tese de doutoramento. Portugal para que? Seis casos no relacionamento galegoportuguês (2019). Ed. Andavira. ISBN 978-84-121509-8-8. Bem-estar comunitário e visitantes através do Caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade (2019). Ed. Andavira. ISBN 9788412150971. Estudar sem melancolia: Reflexões teóricas e aplicadas nos bastidores do sistema literário (2022). Imprensa da Universidade de Coimbra. ISBN 9789892623221. Heteronomias em textos e historiografia da literatura galega (2022). Ed. Andavira. ISBN 978-84-126450-2-6.
miniatura|Doris Wieser, Sara Jona Laisse, Jorge Freitas Branco, Helena González Doval, Margarida Calafate Ribeiro, Nazir Ahmed Can, Elías Torres na USC, presentación da tese de doutoramento Moçambique depois da Independência. Narrativas, informantes e ideias em jogo na elaboarção sociopolítica e identitária do País (1975-1992). Autora: Helena González Doval. Director: Elías Torres. Novembro 2025.
Obras colectivas en Dialnet (consultado o 21 de xaneiro de 2010).: Norma lingüística e (inter-)sistema cultural: o caso galego (1999). Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica literária (2002). Contributos sobre o objecto de estudio e metodologia sistémica: sistemas literários e literaturas nacionais (2004). "Roma locuta causa finita?": sobre docência e crítica da literatura e da cultura (2004). O 25 de Abril e as suas imediatas conseqüências para e no campo do protossistema cultural galeguista (2007). Para umha cartografia da traduçom literária entre 1900 e 1930. Portugal em España (2007). “Discursos contemporâneos e práticas culturais dominantes sobre Santiago e o Caminho: a invisibilidade da cultura como hipótese”. In António Apolinário Lourenço e Osvaldo Manuel Silvestre (Coords.). (2011) Literatura, espaço, cartografias (pp. 391-449). Coimbra: Centro de Literatura Portuguesa / Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua (2020). Através Ed. A cidade o camiño e nós. Desenvolvemento do proxecto expositivo e participación social en Santiago de Compostela (2020). Ed. Andavira. ISBN 978-84-123076-4-1. Contar o Caminho de Santiago: literatura, discurso(s) e efeitos sociais na comunidade local (2022). Ed. Colibri Universidade, para quem e para quê?: (re)volucionar a universidade desde os territórios e as resistências (2025). Ed. Andavira.
Premios 2020: Premio de Investigación da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións polo seu libro Bem-estar comunitario e visitantes através do Caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade.
Notas
Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1964 Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela