Negaso Gidada, nado en Dembi Dollo o 3 de setembro de 1943 e finado en Frankfurt o 27 de abril de 2019, foi un político etíope, que foi presidente de Etiopía de 1995 a 2001.

Pertencente á etnia oromo, chegou á presidencia despois de que o seu predecesor, Meles Zenawi se convertese en primeiro ministro tras as primeiras eleccións democráticas do país. Foi substituído por Girma Wolde-Giorgis tralas eleccións de 2001.

Era Doutor en Historia pola Universidade de Frankfurt (1984). A súa tese doutoral sobre historia oromo foi publicada baixo o título History of the Sayyoo Oromoo of Southwestern Wallaga, Ethiopia, from about 1730 to 1886.

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Presidentes de Etiopía Categoría:Nados en Etiopía Categoría:Finados en 2019