O Gran Premio de Malaisia, incluído por primeira vez no Campionato do Mundo de Fórmula 1 en , celebrouse ata no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, nas proximidades de Kuala Lumpur. A carreira coñeceuse oficialmente como o Gran Premio de Malaisia desde ata o seu remate en .

Historia Carreiras anteriores As carreiras de Fórmula 2 das tempadas 1962-1965 celebradas no Circuíto Thomson Road de Singapur son consideradas como un primeiro precedente do Gran Premio de Malaisia, cando Singapur formaba parte da Federación de Malaisia de 1962 a 1965. Logo de que Singapur separouse da federación en 1965, o Gran Premio continuou ata 1973.

Entre a saída de Singapur da Federación de Malaisia e a apertura do circuíto de Sepang, Malaisia foi anfitrioa dunha serie doutros torneos de carreiras no circuíto de Circuíto de Shah Alam entre 1968 e 1995, incluíndo as Tasman Series (1968-1972), Formula Pacific (1973–1974, 1978–1982), Formula Atlantic (1975), Fórmula 2 (1977) e Formula Holden (1995).

Fórmula Un no Circuíto Internacional de Sepang Os Grandes Premios do Campionato Mundial de Malaisia eran coñecidos polo seu clima impredicible, a calor dun horno nun minuto e unha tormenta tropical no seguinte. O Gran Premio inaugural en Sepang celebrouse en 1999, e viu o regreso de Michael Schumacher logo da súa ausencia debido a unha fractura na perna no Gran Premio Británico. Ferrari dominou a carreira, con Schumacher entregando a vitoria ao seu compañeiro de equipo Eddie Irvine. Ambos corredores foron descualificados por irregularidades técnicas, pero tras unha apelación, anulouse a descualificación.

A carreira de 2001 disputouse con fortes choivas desde a metade da carreira. As condicións puxéronse tan malas que case ao mesmo tempo os dous Ferrari de Michael Schumacher e Rubens Barrichello saíronse de pista na mesma curva. Incriblemente ambos os pilotos recuperáronse e chegaron á meta en primeiro e segundo posto.

No Gran Premio de Malaisia de 2009 a duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. como non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171´833 km percorridos)

O 7 de abril de 2017, anunciouse que a carreira de sería a última vez que o evento celebraríase en Sepang. O contrato da carreira debía expirar en , pero o seu futuro estaba baixo ameaza debido ao aumento dos honorarios de aloxamento e a diminución das vendas de entradas. O ministro de Mocidade e Deporte de Malaisia nese intre, Khairy Jamaluddin, dixo o día 26 de outubro de 2016 en Twitter: "Creo que deberiamos deixar de aloxar á F1. Polo menos un intre. O custo é demasiado alto, cun retorno limitado. Cando organizamos por primeira vez a F1 foi un gran negocio. O primeiro en Asia fóra do Xapón. Agora vese en moitos lugares. Non tomamos a dianteira. Non é unha novidade." A BBC informou que "Malaisia loitara nos últimos anos para atraer a unha multitude importante, pero o seu atractivo víuse danado polo evento nocturno máis glamoroso nas rúas de Singapur".

Gañadores do Gran Premio de Malaisia

Gañadores Múltiples (pilotos)

Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un

O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do CampionatoMundial de Fórmula 1.

Gañados Piloto Tempada 4 John MacDonald 1970, 1971, 1973, 1975 Sebastian Vettel 2010, 2011, 2013, 2015 3 Michael Schumacher 2000, 2001, 2004 Fernando Alonso 2005, 2007, 2012 2 Albert Poon 1963, 1965 Andrew Miedecke 1981, 1982 Kimi Räikkönen 2003, 2008

Gañadores Múltiples (construtores) Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1.

Gañadores Construtor Tempadas7 Ferrari 1999, 2000, 2001, 2004, 2008, 2012, 2015 4 March 1972, 1977, 1978, 1979 Ralt 1975, 1980, 1981, 1982 Red Bull 2010, 2011, 2013, 2016 3 Brabham 1970, 1971, 1973 2 Lotus 1963, 1965 Elfin 1968, 1969 McLaren 2003, 2007 Renault 2005, 2006

Ano por ano O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1. A carreira de 1962 chamouse "Malayan Grand Prix" Ano Piloto Construtor Clase Localización Resultados Max Verstappen Red Bull - TAG-Heuer Fórmula 1Sepang Resultados Daniel Ricciardo Red Bull - TAG Heuer Fórmula 1 Resultados Sebastian Vettel Ferrari Fórmula 1 Resultados 2014 Lewis Hamilton Mercedes Fórmula 1 Resultados 2013 Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados 2012 Fernando Alonso Ferrari Fórmula 1 Resultados 2011 Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados 2010 Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados 2009 Jenson Button Brawn-Mercedes Fórmula 1 Resultados 2008 Kimi Räikkönen Ferrari Fórmula 1 Resultados 2007 Fernando Alonso McLaren-Mercedes Fórmula 1 Resultados 2006 Giancarlo Fisichella Renault Fórmula 1 Resultados 2005 Fernando Alonso Renault Fórmula 1 Resultados 2004 Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados 2003 Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Fórmula 1 Resultados 2002 Ralf Schumacher BMW Williams Fórmula 1 Resultados 2001 Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados 2000 Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados 1999 Eddie Irvine Ferrari Fórmula 1 Resultados 1998-1996Non celebrado |- style="background-color:#ffcccc" ! 1995 | Paul Stokell |Reynard-Holden |Formula Holden |Shah Alam |Resultados |- style="background-color:#dddddd" ! 1994-1983 |align=center colspan=5 |Non celebrado 1982 Andrew MiedeckeRalt-FordFormula PacificShah AlamResultados 1981 Andrew MiedeckeRalt-FordFormula PacificResultados 1980 Steve MillenRalt-FordFormula PacificResultados 1979 Ken SmithMarch-FordFormula PacificResultados 1978 Graeme LawrenceMarch-FordFormula PacificResultados 1977 Patrick TambayMarch-BMW Fórmula 2Resultados 1975 John MacDonaldRalt-FordFormula AtlanticResultados 1974 John MacDonaldRalt-FordFormula PacificResultados 1973 Sonny RajahMarch-FordFormula PacificResultados 1972 Harvey SimonElfin-FordTasmanResultados 1971 John MacDonaldBrabham-FordTasmanResultados 1970 John MacDonaldBrabham-FordTasmanResultados 1969 Tony MawElfin-FordTasmanResultados 1968 Hengkie IriawanElfin-FordTasmanResultados 1967-1966Non celebrado porque o circuíto Thomson Road estaba agora no Singapur independente. O Circuíto Thomson road celebrou o Gran Premio de Singapur ata 1973. 1965 Albert PoonLotusThomson RoadResultados 1964Cancelado logo da práctica. 1963 Albert PoonLotusThomson RoadResultados 1962 Yong Nam KeeJaguarResultados

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do Circuíto Internacional de Sepang Motorsport The Asian Way por Roderick Eime Malaysia statistics

Malaisia