Douglas Dale Christie, nado o 9 de maio de 1970 en Seattle, Washington, é un xogador de baloncesto estadounidense retirado que xogou 15 tempadas na NBA. Mide 1,98 metros e xogaba de escolta.

Traxectoria Universidade Despois de gañar o campionato estatal co seu instituto, elixiu Pepperdine para a súa carreira universitaria. Tras tres tempadas nas que acadou 16 puntos, 5,1 rebotes e 4,5 asistencias, conseguiu ser coñecido a nivel nacional, e que os equipos profesionais se fixaran nel.

Profesional Foi elixido no posto 17 do Draft da NBA de 1992 polos Seattle SuperSonics, pero debido a un problema de contrato, nunca chegou a xogar na súa cidade, sendo traspasado xa avanzada a tempada a Los Angeles Lakers. Alí estivo durante tempada e media, pero foi usado moi pouco polo seu adestrador. Foi traspasado aos New York Knicks, pero tampouco tivo sorte, debido en parte ás lesións que lle fixeron perderse moitos partidos. A mediados da tempada 1995-96 foi de novo traspasado aos Toronto Raptors, onde por fin conseguiu un oco no cinco inicial e puido amosar as súas cualidades. No seus 5 anos no Canadá obtivo unhas boas cifras de máis de 14 puntos e 2 roubos de balón por partido, aparecendo sempre entre os primeiros da liga neste apartado.

Na tempada 2000-01 foi traspasado a Sacramento Kings, onde se amosou coma un extraordinario defensor, aparecendo durante 4 anos consecutivos nos mellores quintetos defensivos da liga. A pesar diso, foi traspasado a Orlando Magic en 2005 a cambio de Cuttino Mobley, onde tras unha lesión no seu xeonllo foi despedido. Asinou entón un contrato dun ano cos Dallas Mavericks, pero de novo os problemas no seu xeonllo o apartaron do equipo. Na tempada 2006-07 asinou dous contratos de 10 días con Los Angeles Clippers, tras os cales viuse de novo no paro. Na actualidade recupérase dos seus problemas de xeonllo, e atópase na situación de axente libre. Nos seus 15 anos coma profesional asinou 11,2 puntos, 4,1 rebotes e 1,9 roubos de balón.

Equipos Los Angeles Lakers (1992-1994) New York Knicks (1994-1996) Toronto Raptors (1996-2000) Sacramento Kings (2000-2005) Dallas Mavericks (2005-2006) Los Angeles Clippers (2006-2007)

Véxase tamén Ligazóns externas Doug Christie en NBA.com Estadísticas de Doug Christie

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Adestradores asistentes dos Sacramento Kings