A Ponte Vella Internacional Tui-Valença sobre o río Miño, entre Galiza, no estado español, e o distrito de Viana do Castelo, en Portugal, está destinada ó tránsito de peóns, vehículos (orixinalmente carruaxes) e ferrocarril.
Historia É falsa a lenda de que é obra de Gustave Eiffel ou un dos seus discípulos.El puente que soldó el Miño cumple 125 años , La Voz de Galicia, 11/10/2009. Foi deseñada polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo y Agreda.Eleccións nas que foi deputado Pelayo Mancebo y Agreda . Congreso dos Deputados. Inaugurouse oficialmente o 25 de marzo de 1886, case ano e medio despois da súa finalización. Custou seis millóns de reais.
Durante máis de cen anos soportou moito tráfico, ao ser a única ponte para salvar o Miño, fronteira natural entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Aliviou moito o tránsito a construción das pontes internacionais de Salvaterra de Miño e Monção (15,5 km río arriba), Goián e Vila Nova de Cerveira (14 km río abaixo), e a ponte Tui-Valença (1993) da autovía (670 metros río abaixo).
Durante séculos, as e os peregrinos chegaban a Tui dende Portugal cruzando o río en barcas. A partir de 1884, a ponte pasou a formar parte do Camiño portugués do Camiño de Santiago.
A finais do ano 2000 foi renovada e mellorada. Por ela transitan catro trens diarios e segue a ser a única conexión ferroviaria entre Galiza e Portugal.
Galería de imaxes
alt=Ponte Vella Internacional Tui - Valença|centro|miniatura|557x557px|Ponte Vella Internacional Tui - Valença visto desde a Fortaleza de Valença
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fernández , Xosé. Historia del puente internacional de Tuy sobre el Miño . Boletín ETSA., 1994, n.º 18, páx. 62-68. ISSN 0213-3474. Gradín, Tere. "Un recorrido histórico por a Linha do Minho" . El Domingo, La Opinión A Coruña, 03/01/2010, n.º 465, páx. 8-9. MOPTC-Fomento. Observatorio transfronterizo España-portugal, Documento n.º 4 . Secretaría General Técnica, marzo de 2006, 66 páx. Outros artigos Catedral de Tui Parador de Tui
Ligazóns externas Mandiá, Diana. El tren de la frontera . El País, 15/12/2009.
Categoría:Tui Internacional Tui-Valença, Ponte Vella Categoría:Río Miño Internacional Tui-Valença, Ponte Vella Categoría:Valença