O galego, na súa evolución dende o latín, cumpriu unha serie de regras fonéticas, morfolóxicas, sintácticas e semánticas, algunhas iguais para tódalas linguas, outras comúns coas linguas románicas e outras singulares para o caso galego. O estudo destes procesos é a Gramática histórica ou Historia da lingua galega. A ciencia etimolóxica utilízaa como instrumento para identificar os étimos e evolucionou grazas á incorporación de tres conceptos: que a evolución parte da lingua oral e non da escrita, é dicir, baséase na fonética e non na grafía ou ortografía que a evolución fonética é dependente do contexto fónico que os procesos de evolución teñen unha secuencia temporal e dependen do momento de introdución do étimo na lingua (por exemplo, a máis evolucionada autor e a máis tardía en incorporarse actor teñen o mesmo étimo)

Fonética Os cambios sincrónicos dunha lingua veñen dados por leis fonéticas. As leis fonéticas máis xerais da evolución do latín ó galego, que en boa medida aínda se seguen producindo, son as seguintes: mantemento da tónica case sistemático perda de nasal final (moi frecuente nos substantivos, pois proceden do acusativo) fronte(m) > perda de vogais palatais postónicas finais lumine(m) > lume Marini (xenitivo) > Marín simplificación de xeminadas Abbatini (xenitivo) > Abadín monotongación de certos ditongos poenam > aqua lata > Agolada Aurientia (ou ?Oirentia) > Ourense; augustu(m) > agosto mantemento das vogais breves coma semiabertas (fronte a ditongación do castelán) ponte(m) > ponte (ES puente) dente(m) > dente (ES diente) de -l-, -n- ou -d- en posición intervocálica colore(m) > cor; palatale(m) > padal luna(m) > lúa; origine(m) > orixe (aínda que ás veces a vogal, nasalizada, permite recuperar o -n-: foeniculum > fiúncho) Tudes > Tui da oclusiva velar sonora intervocálica digitu(m) > dedo (cf. ) sonorización de calquera oclusiva xorda intervocálica (e nalgún contexto máis) apis > apicula > abella; aprile(m) > abril Senatu(m) > Senado (obsérvese como aquí non se perde o -n- intervocálico); petra(m) > pedra baca (/k/) > baga vocalización de consoante posnuclear lacte(m) (/kt/) > leite; actore(m) > autor fraxinu(m) (/ks/) > freixo altariu(m) > iodización de certos grupos de vogais (ás veces formando ditongo ou conservando o hiato) area > > aira / eira consonantización de semiconsoantes (waw e iode) vulpe(m) > golpe ("raposo") ianuariu(m) > xaneiro metátese asistemática de certas consoantes (-r-) ou vogais (-i-) Castro > Crasto (popular); Carlos > Calros (popular) piraria > pereira alternancia entre líquidas (laterais e vibrantes) parabola > palabra Outros factores importantes son: a asimilación a disimilación, onde un fonema perde unha trazo fonético para non parecerse a outro tamén presente o betacismo, a confusión entre -b- e -v- (waw) mesmo xa no latín, e posteriormente identificando a bilabial oclusiva coa fricativa e a aproximante a haploloxía, polo cal ás veces danse simplificacións fónicas para facer máis doada a pronuncia dunha palabra

Un novo grupo de fonemas: as palatais Mención especial merece a palatalización, normalmente por contacto con iode, que deu lugar a un novo grupo de fonemas, os palatais, inexistentes en latín. As principais orixes das palatais son: grupos consonánticos con líquida no segundo elemento FL - flore(m) > chor PL - planu(m) > chan C'L - cuniculu(m) > cunic'lu > coello lateral + iode miliu(m) > millo nasal + iode pruneu(m) > abruño; communione(m) > comuñón oclusiva dental sonora + iode hodie > hoxe oclusiva dental xorda + iode aviatione(m) > aviación oclusiva velar sonora + iode ferrugine(m) > ferruxe (e ferraxe) oclusiva velar xorda + iode principiu(m) > principio

Morfosintaxe A evolución morfolóxica dende o latín debe dividirse en dous grandes bloques: o das palabras invariables ou non flexionables (preposicións, conxuncións, adverbios) e o das palabras variables. Este último subdivídese entre a conxugación verbal e a flexión nominal de substantivos e adxectivos. Cada un destes grupos ten características e evolucións particulares que levan a consideralos como independentes.

A principal característica da evolución morfolóxica dende o latín ó galego é a perda do caso gramatical. Cómpre ter en conta ademais que os substantivos proceden maioritariamente do acusativo con poucas excepcións (xenitivo en topónimos, ablativo en adverbios).

Outra perda importante é a do xénero neutro. En xeral, as palabras manteñen o xénero e o número do latín, tendo en conta que o neutro singular se adscribe ó masculino en galego. Algúns casos especiais son: a voda, a leña, procedente dun neutro plural o val, procedente dun orixinario feminino (valle(m) + diminutivo > Valela > Varela, non *valelo) a ponte, o sangue, o sal en cambio conservaron o xénero orixinal, en contraste co castelán

Outro fenómeno de evolución morfolóxica é a analoxía. Neste proceso, unha palabra pode evolucionar influída pola existencia doutras do mesmo corpus léxico. Exemplos disto poden ser: sancristán, que procede de sacru(m), pero que engade un -n- por influencia de sanctu(m) e Christus prestigiatore, que procede a través do italiano de prestigiu(m), pero que se converteu en prestidixitador por influencia de digitu(m), "dedo" vagamundo, influído polo substantivo mundo'' A analoxía no plano morfolóxico é en certo xeito equivalente á asimilación no plano fónico.

Outra influencia morfolóxica, aínda que tamén fónica é a hipercorrección. O seu equivalente fónico sería a disimilación.

Véxase tamén Categoría do Galizionario onde se clasifican as entradas segundo a súa evolución fónica lei fonética Historia da lingua galega nos seus diferentes significados Gramática da lingua galega Fonética histórica

* Categoría:Etimoloxía Categoría:Fonética Categoría:Morfosintaxe Categoría:Lingua galega