Praia do Cantil, Isla Cristina|300px|miniaturaIsla Cristina é un municipio español situado na costa occidental da provincia de Huelva, Andalucía, a uns 7 km da fronteira portuguesa e encadrado na comarca da Costa Occidental. No ano 2009 contaba cunha poboación de 21.324 habitantes.Instituto Nacional de Estadística A superficie do municipio é duns 49,36 km².

As súas orixes remóntanse á fundación dunha colonia pesqueira por cataláns e valencianos tras o terremoto de Lisboa de 1755, que creceu ata obter o seu propio concello en 1833 e absorber despois ao antigo municipio de La Redondela en 1887.

A actividade principal é a pesca, favorecida polo seu importante porto. A súa lonxa é a primeira por poxas de peixe fresco de Andalucía e a segunda por tonelaxe, só superada por Cádiz.Análise da produción pesqueira rexional, 2006, Xunta de Andalucía ligazón=https://view.officeapps.live.com/op/embed.aspx?src=http%3A%2F%2Fwww.juntadeandalucia.es%2Fagriculturaypesca%2Fportal%2Fwww%2Fportal%2Fcom%2Fbin%2Fportal%2FDGPesca%2Fproduccionpesquerandaluza2006%2Fanalisis_produccion_regional_2006.doc&wdStartOn=1 A actividade turística tamén ten unha presenza remarcable.

No termo municipal atópanse as Marismas de Isla Cristina, protexidas mediante a forma de Paraxe Natural, e tamén varias zonas de piñeiro e matogueira do cinto dunar costeiro pertencentes e xestionados por ICONA-INIA. Debido á súa orientación leste-oeste, as postas de sol que acaban entre o mar e a terra serviron de inspiración a varios poetas, chegando a crear a ruta das postas de sol, con citas soadas de afamados poetas como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda.Ruta das postas de sol

Demografía

Galería de imaxes

Notas

Ligazóns externas

PGOU de Isla Cristina Ventana del Visitante de los Espacios Naturales Protegidos de Andalucía - Paraje Natural Marismas de Isla Cristina.

Categoría:Concellos da provincia de Huelva