O Instituto de Ensinanza Secundaria Francisco Aguiar é un centro de ensinanza secundaria e Bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Betanzos.

Organización e características Pertence á rede de institutos públicos da Xunta de Galicia, no que se imparte Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Xestión Comercial e Mercadotecnia.

É un centro constituído por diversos edificios integrados na zona educativa da cidade, onde tamén se atopan o IES As Mariñas e o CEIP Francisco Vales Villamarín.

Historia O instituto comezou a funcionar no curso 1952-1953, estabecendo a súa sede no convento de San Domingos. A inauguración oficial do Instituto realizouse o 17 de setembro dese mesmo ano e consistiu na celebración relixosa seguida da impartición simbólica dunha primeira clase.

O IES Francisco Aguiar de toma o seu nome do arcebispo betanceiro do século XVII, Francisco de Aguiar Seixas e Ulloa, que foi arcebispo de México, onde fundou distintas institucións docentes e benéficas.

No ano 1980 mudou a súa sede ao actual edificio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas IES Francisco Aguiar. Web antiga do IES Francisco Aguiar. Outros artigos Betanzos

Categoría:Betanzos Francisco Aguiar