Hrosvitha de Gandersheim, nada en Saxonia cara ao 935 e finada despois do 973, foi unha poeta e dramaturga en lingua latina, autora, entre outras, das obras protagonizadas por Paio, lendario mártir galego na corte de Abderramán III.
Biografía Pouco se sabe da vida desta escritora. Probablemente naceu no seo dunha familia nobre de Saxonia. Foi canonesa na abadía bieita de Gandersheim, dotada dunha extraordinaria biblioteca.
Obra É considerada por moitos como a primeira poeta alemá. Consérvase dela un ciclo de seis comedias, un ciclo de oito lendas e dúas obras de historia: unha biografía do emperador Odón I e unha historia das orixes de Gandersheim.
Traducións ao galego Obra dramática, Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Maior, 2000.
Véxase tamén Bibliografía Angueira, A.: (2007). Nota 112 en Méndez Ferrín, X. L. Bretaña, Esmeraldina, páx. 286. Eds. Xerais.
Ligazóns externas Biografía Obra en www.uned.es/germanistik Obra en www.ub.edu/duoda
Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Nados en 935 Categoría:Finados no século XI Categoría:Beneditinos