A sección de baloncesto do Sport Lisboa e Benfica, un club polideportivo con sede na cidade de Lisboa, é un equipo portugués que milita na LPB, a máxima categoría do baloncesto deste país. Fundado en 1927, o club sempre adoitou xogar na máxima categoría. Isto mudou en xuño de 2007, cando o club decide deixar a liga profesional uníndose á Proliga, a segunda división. Porén, para a tempada 2008−09, o Benfica decide retornar á LPB.
O Benfica é o club portugués máis laureado, sendo o equipo que máis Ligas, Copas e Supercopas posúe. É ademais o club portugués que máis lonxe chegou no máximo campionato de clubs europeos, a Euroliga. Algún dos momentos máis memorábeis do club son as vitorias en enfrontamentos continentais ante clubs campións de Europa como o Buckler Bologna, o Real Madrid, o Cantù, o Cibona, o Joventut Badalona, o Panathinaikos, o Partizan ou o CSKA Moscova. Ao igual que no fútbol, o Benfica posúe unha forte rivalidade co F.C. Porto.
Historia A sección de baloncesto do Sport Lisboa e Benfica foi fundada en 1927, o baloncesto seguiu os pasos de moitas outras seccións do club, acadando pronto un grande éxito.
O período de maior éxito do club tivo lugar entre 1985 e 1995, cando acadou dous récords nacionais: o da conquista consecutiva de campionatos nacionais durante sete tempadas, e o da conquista de máis campionatos durante un período temporal (10 títulos en 11 anos), liderados por Carlos Lisboa, considerado o mellor xogador portugués de baloncesto da historia. O concurso europeo tamén tivo momentos brillantes, coma o acceso á fase final da Liga de Campións en 1993 e 1994. Obtivo ademais algunhas vitorias fronte a clubs de maior categoría coma o Real Madrid, o Joventut de Badalona (da Liga ACB), e o Panathinaikos entre outros. Un dos momentos máis significativos tivo lugar o 4 de decembro de 1993, fronte aos italianos do Buckler Bologna, coa vitoria en Lisboa, no Pavilhão da Luz, por 102-90 na Euroliga.
Realizou a mellor tempada dun club portugués de baloncesto na 1994-95, gañando a LPB, Copa da Liga, Supercopa de Portugal, Copa de Portugal e rematando a Copa de Campións de baloncesto entre os 16 mellores clubs europeos. Logo de máis dunha década sen acadar ningún título, na tempada 2008-09 gañaron a LPB cun pleno de vitorias na liga regular, converténdose no segundo equipo do mundo en conseguilo.
Palmarés Competicións domésticas Liga de Portugal Campións (27, récord): 1939–40, 1945–46, 1946–47, 1960–61, 1961–62, 1962–63, 1963–64, 1964–65, 1969–70, 1974–75, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1988–89, 1989–90, 1990–91, 1991–92, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 2008–09, 2009–10, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2014–15, 2016-17 Taça de Portugal Campións (22, récord): 1945–46, 1946–47, 1960–61, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1967–68, 1968–69, 1969–70, 1971–72, 1972–73, 1973–74, 1980–81, 1991–92, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 2013–14, 2014–15, 2015-16, 2016-17 Supertaça de Portugal Campións (14, récord): 1985, 1989, 1991, 1994, 1995, 1996, 1998, 2009, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2017 Taça da Liga Campións (10, récord): 1989–90, 1990–91, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 2010–11, 2012–13, 2013–14, 2014–15 Troféu António Pratas LPB Campións (4, récord): 2008, 2011, 2012, 2014 Torneio dos Campeões Campións (1): 2006–07 Troféu António Pratas Proliga Campións (1): 2007
Competicións internacionais Supertaça da Lusofonia Campións (1): 2010
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da sección de baloncesto do Benfica
Benfica