O Liverpool Football Club, é un club de fútbol da Premier League inglesa da cidade homónima. É un dos clubs máis laureados do mundo gañando, entre outros, dezaoito títulos nacionais, os mesmos que os seus rivais do Manchester United, sete copas e cinco títulos da UEFA Champions League, máximo galardón a nivel europeo.

O eterno rival do Liverpool é o Manchester United, rivalidade que se remonta até 1897, cando os "Reds" golearon por 7-1 ao United para ascender á First Division. Non foi senón até a década de 1920 que estes enfrontamentos comezaron a adquirir a categoría de clásico. Outro clásico importante é o que disputan dende 1894 o Liverpool F.C. e o outro equipo da cidade, o Everton, nun partido que se coñece como o Derby de Merseyside. Cómpre sinalar que ambas escuadras, "Reds" e "Blues", contan cun importante número de seguidores na cidade portuaria, incluso entre os membros dunha mesma familia, polo cal este enfrontamento é tamén coñecido como "The Friendly Derby" (do inglés: o derby amigable). Outro dato curioso é a proximidade existente entre o estadio do Everton, o Goodison Park e o do Liverpool, Anfield.

O Liverpool forma parte de dúas das páxinas máis tráxicas da historia do fútbol europeo. O 29 de maio de 1985, en Bruxelas (Bélxica), trinta e nove persoas faleceron por culpa dos incidentes causados polos hooligan ingleses no estadio Heysel antes da final de Copa de Europa contra a Juventus de Torino (Italia), cando numerosos simpatizantes italianos se abalanzaron sobre unha parede de contención da tribuna dun sector do estadio para escapar da carga dalgúns hooligans seguidores do Liverpool, a parede cedeu e os seareiros caeron sobre a parte inferior da tribuna dende unha altura de 10 metros aproximadamente. O 15 de abril de 1989, en ocasión da semifinal da Copa de Inglaterra disputada en Sheffield, campo neutral, entre o Nottingham Forest e o Liverpool, noventa e seis persoas faleceron por mor dunha masa de xente que se abalanzou cara a reixa dun túnel que conducía ás tribunas, provocando a morte por esmagamento, como tamén algúns seareiros atrapados no túnel. O feito foi catalogado como a "Traxedia de Hillsborough".

Historia Fundación miniatura|esquerda|Porta adicada a Paisley en Anfield, nela se pode observar a silueta das tres Copas de Europa que gañou como adestrador. O Liverpool F.C. foi fundado despois dunha disputa entre o Everton e John Houlding, arrendatario do estadio de Anfield e director do propio Everton. A principal diferenza entre ambas partes xurdiu cando o club avaliou a posibilidade de mercar todo o sitio de Anfield, sendo Houlding acusado de ter motivos persoais na operación para obter ganancias financeiras. O Everton, que estivera xogando en Anfield dende había oito anos, desligouse de Houlding e trocou de estadio movéndose a Goodison Park.LFC Story Así o Liverpool Football Club foi fundado por Houlding para xogar no vacante Anfield. O nome orixinal do club ía ser Everton F.C. and Athletic Grounds, Ldt., abreviado como Everton Atheltic, mais trocouse por Liverpool F.C. en xuño de 1892, cando "The Football Association" se negou a recoñecer ao equipo como Everton.

O club gañou a Lancashire League na súa primeira tempada, ademais conseguindo con éxito a unirse á Second Division para a tempada seguinte, onde gañaron e foron ascendidos á First Division. Gañaron o seu primeiro título en 1900-01, e foron campións outra vez en 1905-06. Chegaron logo á súa primeira final da FA Cup en 1914, mais perdendo por 1-0 ante o Burnley. O club gañou de novo o campionato de liga en 1921-22 e 1922-23, con todo o club non gañar outro trofeo até o ano 1946-47, cando gañou a liga por quinta vez. O club chegou á final da FA Cup de novo en 1950, mais volveu perder, esta vez fronte ao Arsenal. Pouco despois o Liverpool foi relegado á Second Division na tempada 1953-54. Durante este período, sufriron unha derrota de novo na FA Cup por 2-1, contra o equipo afeccionado Worcester City, na tempada 1958-59.

De Shankly á traxedia de Heysel miniatura|Estatua de Shankly en Anfield.

Non moito despois destes malos resultados, Bill Shankly foi nomeado adestrador, poñendo en liberdade a vinte e catro xogadores. Tamén converteu unha habitación en Anfield, orixinalmente usada de almacén, nun espazo onde os adestradores podían falar máis da estratexia mentres tomaban té (e outras bebidas). Nese intre Shankly, xunto con outros membros fundadores da "Boot Room" (como se coñeceu a esta nova estancia): Joe Fagan, Reuben Bennett e Bob Paisley, comezaron a remodelar o equipo. O ascenso á First Division logrouse finalmente na tempada 1961-62 e pouco despois, o club volvía a gañar a liga por primeira vez en 17 anos en 1963-64. A este título seguiuno outro en 1965-66, despois de que o club gañara por fin a súa primeira FA Cup o ano anterior. O club gañou a liga e Copa da UEFA en 1972-73 e a FA Cup de novo un ano máis tarde, despois disto Shankly xubilouse e foi substituído polo seu asistente Bob Paisley. Paisley foi aínda máis exitoso que o seu predecesor e o club gañou a liga e a Copa da UEFA en 1975-76 na súa segunda tempada como adestrador. A tempada seguinte volveu gañar o título da liga e por primeira vez a Copa de Europa, mais perdeu na Copa FA de 1977, non podendo acadar por pouco o triplete. O Liverpool volveu gañar a Copa de Europa a seguinte tempada, e na seguinte a liga de novo con 68 puntos, unha marca nacional, concedendo só 16 goles en 42 partidos. Durante as nove tempadas Paisley no club, o Liverpool gañou 21 trofeos, entre eles tres Copas de Europa, unha Copa da UEFA, seis títulos de Liga e tres League Cups consecutivas. Sendo o único trofeo que se lle escapaba a FA Cup.

Paisley retirouse en 1983 e, como fixera Shankly, entregou as rendas a un veterano da Boot Room, o seu adestrador asistente, Joe Fagan.O legado da Boot Room O Liverpool gañou tres trofeos na primeira tempada de Fagan ao cargo: a Liga, a League Cup e a Copa de Europa. O Liverpool chegou de novo á final da Copa de Europa en 1985. O partido enfrontábaos á Juventus de Torino no Estadio Heysel de Bruxelas. Antes do saque inicial, ocorreu o desastre, os afeccionados do Liverpool violaron un valo que os separaba dos seareiros italianos morrendo 39 afeccionados pola avalancha, na súa maioría italianos, con todo o partido xogouse e Liverpool perdeu por 1-0. Mais por mor do accidente a UEFA prohibe xogar aos clubs en competicións europeas durante cinco anos; recibindo o Liverpool unha prohibición de dez anos, que logo foi reducida a seis. Catorce dos seus seareiros recibiron condenas por homicidio involuntario.On This Day - 29 May 1985: Fans die in Heysel rioting

De despois da traxedia á actualidade miniatura|Steven Gerrard, capitán do Liverpool dende 2003 e Xogador do Ano da UEFA en 2005, cando conseguiu a última Copa de Europa do club. Fagan dimitiu despois da catástrofe e Kenny Dalglish foi designado como xogador-adestrador.Joe Fagan Durante a súa rexencia o club gañou outros tres campionatos de liga e dúas Copas de Inglaterra, incluída un dobrete no ano 1985-86. Este éxito de Liverpool viuse de novo ensombrecida por outra traxedia, o Hillsborough. Sucedeu nunha semifinal da FA Cup contra o Nottingham Forest o 15 de abril de 1989, onde faleceron 94 afeccionados por unha avalancha ese día, ademais doutra vítima no hospital catro días máis tarde por mor das e outra mais tras case catro anos sen recobrar o coñecemento. Dalglish citou o desastre de Hillsborough e as súas repercusións como o motivo da súa renuncia en 1991, sendo substituído polo ex xogador Graeme Souness, que a parte de gañar a FA Cup en 1992, logrou pouco éxito, sendo substituído por outro ex-membro da "Boot Room", Roy Evans. Con todo, Evans non tivo mellor sorte: unha vitoria na League Cup de 1995 foi o seu único trofeo. Un dos poucos momentos memorables desta época foi unha vitoria por 4-3 sobre o Newcastle United en Anfield o 3 de abril de 1996, que foi nomeado en abril de 2003 como o "partido do Decenio" nos premios polo décimo aniversario da Premier League. Gérard Houllier foi designado como co-adestrador en 1998-99, quedando ao cargo despois da renuncia de en novembro de 1998.

Houllier, na súa segunda tempada ao cargo do Liverpool conseguiu un triplete, gañando a FA Cup, a League Cup e a Copa da UEFA. Na tempada 2001-02, durante a cal Houllier se someteu a unha importante operación cardíaca, o Liverpool terminou segundo por detrás do Arsenal. As seguintes tempadas non estiveron á altura das expectativas e Houllier foi substituído por Rafael Benítez. O club terminou quinto na súa primeira tempada no cargo, mais gañou a Liga de Campións da UEFA ao derrotar ao Milan por 3-2 na quenda de penais despois de que a final rematase con empate a tres goles. A tempada seguinte o Liverpool terminou terceiro con 82 puntos, a súa cifra máis alta dende 1988, e gañaron a FA Cup, tamén na rolda de penaltis contra o West Ham United despois de que o partido terminase 3-3.

Na tempada 2006-07, a procura do club de investidores chegou á súa fin cando os empresarios estadounidenses George Gillett e Tom Hicks se converteron nos donos do club, acordou que valorou ao equipo e acabou coas súas débedas, que ascendían 218,9 millóns de libras esterlinas. Este ano o club chegou de novo á final da Liga de Campións, mais esta vez perdeu por 2-1 fronte o AC Milan. Na tempada 2008-09 o Liverpool logrou á súa maior puntuación da historia da Premier League cun total de 86 puntos, terminou como segundos clasificados despois do Manchester United.

Escudo e cores

miniatura|A "Liver Bird" no alto da torre do Edificio Liver. As cores tradicionais do Liverpool son o vermello e o branco, mais trocaron na metade da década de 1960 por unha vestimenta completamente vermella. Con todo, o vermello non se utilizou sempre, nos primeiros días do club, cando se fixo cargo de Anfield do Everton, utilizaban as cores azul e branca, sendo o seu equipamento case idéntico ao usado polo propio Everton da época. En 1894 o Liverpool trocará ás súas cores polo vermello e en 1901 e o "Liver Bird", símbolo da cidade, será adoptado como emblema do club.LFC Story Así, durante os seguintes 60 anos o uniforme do Liverpool consistiu nunha camiseta vermella con pantalóns brancos. Os calcetíns cambiáronse nos últimos anos dende o vermello ao negro, ao branco e de novo ao vermello.

En 1964, o entón adestrador Bill Shankly decidiu vestir ao equipo completamente de vermello por primeira vez contra o Anderlecht belga, como Ian St.John conta na súa autobiografía:

As cores de visitante do Liverpool son tradicionalmente ben camisa branca e pantalón negra ou completamente amarelo. Con todo, en 1987, foi introducido un uniforme completamente gris, que foi utilizado até a tempada do centenario 1991-92, cando foi substituído por unha combinación de camiseta verde e pantalón branco. Despois de varias combinacións de cores na década de 1990, incluídos o ouro e mariño, amarelo, negro e gris, e cru, o club alternou entre amarelo e branco até o 2008-09, ano no que volveu a vestimenta de cor gris.LFC novo uniforme de visitante 2008/09 Os actuais equipamentos están deseñados por Adidas, que xa traballaran para o club entre 1985 e 1996, sendo as únicas outras camisas de marca usadas polo club feitas por Umbro até 1985 e Reebok por dez tempadas a partir de 1996. Ademais tamén conta cun terceiro equipamento, que consiste nunha camisa turquesa e pantalóns negros, deseñados principalmente para os partidos da Liga de Campións fóra da casa, aínda que tamén se utiliza para calquera partido da liga inglesa onde hai coincidencias co uniforme do rival tanto con vermello como co gris.